Ecosocialistas din si ás Mareas; Compromiso descarta entrar na de Vigo

A formación integrada en AGE amosa a súa posición favorábel a iniciativas "sen converxencia nos marcos da esquerda ou o nacionalismo" namentres que os galeguistas deciden que presentarán candidatura en solitario na cidade máis poboada de Galiza.

compromiso
photo_camera Acto de Compromiso

Dúas pequenas formacións políticas galegas tomaron este sábado decisións arredor da súa presenza nas eleccións municipais de maio de 2015, ambas relacionados coa aparición de novos movementos que din basearse na “unidade”, pero en sentido xusto contrario.

Compromiso por Galicia anunciou que convocará eleccións primarias en Vigo, o que significa que non participará da Marea da cidade, que chegan a chamar “aventura de novas coalicións”, e anuncian a súa intención de presentarse en solitario aos comicios, tal e como farán noutras localidades -en Lalín teñen depositadas moitas esperanzas da man de Rafael Cuíña- namentres en cidades como A Coruña aínda non teñen a decisión tomada.

"Somerxerse·"

Pola súa parte, Espazo Ecosocialista, que celebrou Consello Aberto Nacional, no que, segundo unha nota pública, pularon por “procesos cidadás e inclusivos, onde os partidos que decidan somerxerse no medio das augas da Marea o fagan desarmándose e cedendo a súa soberanía as cidadás. Non se trata de se a converxencia se produce nos marcos da esquerda ou dos do nacionalismo, pois situando a proposta programática na esquerda e sendo o carácter nacional o factor político para vertebrar hexemonías, a chave neste momento esta no factor democrático. Non abonda coa mera unidade como elemento agregativo de siglas, senón que cómpre a cooperación política entre espazos culturais e cidadáns”

Comentarios