Granados, que fora man dereita de Aguirre, detido nunha macro-redada contra a corrupción

Hai máis de medio cento de arrestados. O epicentro da operación desenvólvese en concellos e empresas de Madrid, mais tamén en León ou Valencia.

aguirre granados

A Garda Civil detivo o que fóra secretario xeral do PP de Madrid e man dereita de Esperanza Aguirre, Francisco Granados, e que tivera que dimitir após recoñecer que tiña millón e medio de euros en Suíza. A detención decorre no marco dunha macro-redada coordenada pola Fiscalía Anti-corrupción ás ordes da Audiencia Nacional. Esta operación (chamada Púnica) céntrase en procurar contratos irregulares e hai máis de medio cento de detidos entre alcaldes e empresarios, cargos municipais... A operación ten o centro en Madrid mais tamén se está a realizar en Murcia, Valencia ou León.

Os medios de Madrid falan da maior operación contra a corrupción que tería movido nestes dous anos máis de 200 millóns de euros, tendo como eixo contratas en troques de comisións. Entre as persoas detidas hai seis alcaldes de localidades madrileñas e o presidente da Deputación de León

No marco desta operación hai 30 embargos preventivos, 250 mandamentos de rexistros e 400 mandamentos a entidades bancarias

Por outra parte, o acalde de Barcelona desminte que teña 12,9 millóns de euros en Andorra tal e como publica o diario 'El Mundo'. ""Non teño ningunha conta en Andorra nin ao meu nome nen a nome de terceiros"

En ampliación

Comentarios