'Facendo camiño, facendo país', lema do acto político de Compromiso para o 25 de Xullo

O partido galeguista reitera a súa disposición a facer parte da mobilización unitaria cidadá para o Día da Patria.

Xoán Carlos Bascuas e Izaskun Bilbao
photo_camera Xoán Carlos Bascuas e Izaskun Bilbao

Compromiso por Galicia presentou os actos que a organización galeguista realizará en Compostela con motivo do 25 de xullo. O Secretario Xeral, Xoán Bascuas, indicou que, baixo o Lema, “Facendo Camiño. Facendo País”, Compromiso terá un acto político en Belvís que comezará ás 14.30 horas. A formación decidiu cancelar a ofrenda floral en San Domingos de Bonaval a media mañá, “pola nosa máis que previsible participación nun acto cidadán no que se celebrará o día da nación galega, onde nós faremos un chamamento a participar como cidadáns e cidadás, sen máis distintivos que a nosa condición de galegos e galegas”. Neste sentido, Bascuas indicou que, “está á espera da confirmación e da forma da convocatoria do grupo promotor, “para estudalo e anuncialo oficialmente, se procede”.

De igual xeito o galeguista confirmou a presenza da eurodeputada Izaskun Bilbao, “para seguir a tecer complicidades de cara a visibilizar o noso traballo no Parlamento Europeo”. Logo do acto político, realizarase un xantar entre militantes e simpatizantes, con música, xogos tradicionais, e un encontro de fútbol gaélico. De igual xeito, haberá postos de artesanía.

Comentarios