Máis de 30.000 persoas votaron nas consultas independentistas desta fin de semana en Euskal Herria

Instaláronse 101 urnas en 35 concellos. A participación variou entre o 58% de Larrabetzu e o 20% da comarca de Oarsaldea. O 96% das persoas que votaron fixérono a prol da independencia.

hernani

Máis de 30.000 persoas votaron este domingo nas consultas populares sobre a independencia realizadas en 35 concellos vascos. A participación foi do 25%, basculando entre a atinxida en Larrabetzu, 58%, e a da comarca de Oarsoaldea, case un 20%. Entre os votantes, a opción do si á independencia gañou amplamente, co 96% dos apoios fronte a un 2,36% que optaron polo non.

“Hoxe, en 35 localidades a democracia xa gañou”, sinalaron desde a organización destas consultas populares. Desde Gure Esku Dago, impulsora da iniciativa, salientan a importancia destes “primeiros pasos” no camiño do dereito dos e das vascas a decidir. Tamén destacaron o ton festivo e de convivencia que ao longo da xornada se viviu nas vilas onde decorreron os referendos. Destacaron a imaxe de Larrabetzu, onde unha centenaria, Libe Asua, de 100 anos, e Iñaki Elgezabal, de 16 anos, votaron xuntos, amosando a demanda interxeracional do dereito a decidir. 

Comentarios