Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras compartirán a portavocía de Anova

A formación nacionalista escolleu a súa dirección logo da asemblea, na que o liderado será compartido e da que forman parte 21 persoas.

Beiras e Martiño Noriega (Anova)
photo_camera Beiras e Martiño Noriega (Anova)

Martiño Noriega, alcalde de Teo, e Xosé Manuel Beiras, voceiro parlamentar de AGE, serán os portavoces de Anova, tal e como decidiu a formación na primeira xuntanza da súa Coordinadora Nacional após a II asemblea, cuxo resultou provocou a marcha da corrente crítica Cerna, da que forman parte dirixentes como Mario López Rico ou Luís Eyré e que se constituirá en partido. 

O feito de que Noriega e Beiras compartan o liderado evidencia o anunciado paso atrás do segundo e sitúa ao primeiro como referente a medio prazo da organización, cuxa comisión permanente queda formada por 21 persoas. Ademais dos voceiros, Raúl Asegurado e Xiana López asumen as Relacións Sociopolíticas; o deputado Antón Sánchez e Brais Fidalgo a coordinación e Esther Duro e Rafael Dopico a organización.

Comentarios