A militancia de Anova apoia repetir en En Marea para o 26X mais o 80% prefire o partido instrumental

A participación na consulta foi a máis altas das realizadas agora pola formación, un 68%. O 75% optaron por repetir En Marea para as eleccións

Anova2
photo_camera Anova2

As bases de Anova participaron de forma masiva na consulta para que se expresasen tanto sobre se deberían ir En Marea nas eleccións do 26 de xuño como sobre a fórmula máis acaída, partido ou coligazón, "para garantir os obxectivos políticos de En Marea". Ambas as dúas preguntas tiveron respostas contundentes: un 75,5% da militancia votou si a repetir En Marea para a cita coas urnas do 26X ( un 15,7% votou en contra e un 8,6% abstívose), e un 79,9% votou polo partido instrumental como mellor fórmula xurídica (un 14,5% optou pola forma actual, coligazón).

Anova indica que “deste xeito, e por mandato da militancia de Anova-IN, o resultado será comunicado á Mesa de Coordinación de En Marea para seguir co vieiro marcado cara ás eleccións ás Cortes do Estado do 26X”. A formación liderada por Xosé Manuel Beiras destava a participación, do 68%, “a máis elevada das consultas telemáticas realizadas até agora pola organización”.


 

Comentarios