Unha fotografía exhibida por Francisco Jorquera na que se ve a plana maior do PP (Núñez Feijóo, Mariano Rajoy, Rafael Louzán e Alfonso Rueda) con Pachi Lucas, ‘conseguidor’ da Operación Zeta, na praza de Touros de Pontevedra foi a imaxe da sesión de control ao presidente galego. En pleno debate sobre corrupción a foto foi amosada polo portavoz parlamentar do BNG mentres pedía explicacións a Feijóo sobre as revelacións do sumario en torno a “financiamento ilegal do PP”. O presidente da Xunta non respondeu directamente e limitouse a sinalar que o bipartito tamén tiña relación coas empresas implicadas na trama.
Jorquera pediu explicacións a Feijóo e preguntoulle se ía permitir a constitución dunha comisión de investigación. "O sumario fala das relacións privilexiadas de Crespo con dirixentes do PP. No sumario fálase de presuntas doazóns ao PP e das relacións privilexiadas do conseguidor de Crespo con vostede”, dixo Jorquera. "Que o diñeiro de cursos para formación nun país con 300.000 parados vaia a financiar ilegalmente, é máis que repulsivo. Estamos nunha trama de financiamento ilegal do seu partido. Non o digo eu, está no sumario". Por todo iso, o portavoz do BNG considera que hai motivos para que Feijóo demita.
Tamén os portavoces de AGE e PSdeG falaron da corrupción que enlama o Partido popular. Méndez Romeu cualifica de “desolador” o que está a acontecer, e a vice-portavoz de Alternativa, Yolanda Díaz, "Non son un goberno lexítimo. Vostedes fan trampas: roubando, corrompendo ou facendo pucheirazos. É vostede o Home X de todas as operacións de corrupcións que saen hoxe nos xornais?".
Sesión de control ao presidente galego.
10:38 Núñez Feijóo
10:38. "Asturies e Andalucía, onde goberna IU, ten contratos con esa empresa que vostedes onte, de AGE, acusaban de corrupta e de que o Sergas lle adxudicara un contrato".
10:39: "Se hai algún atisbo de irregularidade, inspeccionamos. A Xunta personarase no xuízo (ás empresas da Operación Z) para defender os cartos dos galegos".
10:38 "Eu respecto os seus votantes, mais vostede non. Vostede axustizou en Ourense a unha súa deputada polo delicto de non obedecer ao politburó"
10:36 Yolanda Díaz
10:36 "Non son un goberno lexítimo. Vostedes fan trampas: roubando, corrompendo ou facendo pucheirazos. É vostede o Home X de todas as operacións de corrupcións que saen hoxe nos xornais?"
10:32 Núñez Feijóo
10:35 "Eu estou aquí para prestixiar as institucións, vostedes para desprestixialas"
10:32 O presidente da Xunta di que "non sei se levar a votar a unha persoa impedida a unha mesa é correcta ou incorrecta". "Vostedes piden que actuemos sen nin sequera escoitar o acusado".
10:27 Yolanda Díaz (AGE)
10:28 Yolanda Díaz amosa unha foto de monxas carrexando anciáns en cadeiras de rodas para votar. "Así é como gaña vostede as eleccións?" pregunta e ínstalle a demitir a cargos do PP investigados por carrexo.
10:27 "A realidade supera a ficción. Ler hoxe a prensa dá terror. Mandan a componenda entre as elites económicas e as elites políticas"
10:24 Núñez Feijóo
10:24. O presidente da Xunta responde citando o bipartito e asegurando que no sumario tamén se fala dese goberno.
10:21 Jorquera
10:22 Francisco Jorquera ensina unha foro na praza de Touros de Pontevedra de Feijóo, Louzán e Rajoy co 'conseguidor' da trama de fraude dos cursos de formación profesional: Pachi Lucas
10:21 "Vostede responde manchando o bipartito. A ver, mal que lle pese, Crespo é militante do PP".
10:19 Núñez Feijóo
10:20 "De que se nos acusa, de inspeccionar? Na etapa que vostedes estaban no goberno deron un 30% máis de cartos a esas empresas"
10:19 "Nó 2010 creouse un servizo para inspeccionar os cursos de formación, antes non se facía".
10:15 Francisco Jorquera (BNG)
10:18 "Vai facilitar que se cre unha comisión de invesigación por este escándalo? Vai asumir responsabilidades?"
10:17 "O sumario fala das relacións privilexiadas de Crespo con dirixentes do PP. No sumario fálase de presuntas doazóns ao PP e das relacións privilexiadas do conseguidor de Crespo con vostede."
10:16: "Que o diñeiro de cursos para formación nun país con 300.000 parados vaia a financiar ilegalmente, é máis repulsivo. Estamos nunha trama de financiamento ilegal do seu partido. Non o digo eu, está no sumario"
10:15: "A que se refería o conseguidor do señor Crespo cando dicía que vostede ía ser clave?"
10:10 Núñez Feijóo
10:11. "Ese sumario é sorprendente que non estivera na anterior lexislatura onde se deu un 30% máis de cartos a esas empresas e todos miraban para outro lado até que chegou este goberno e dixo que isto había que miralo".
10:08 Méndez Romeu
10:10 "Hai que despolitizar a administración e os órganos reguladores. Señor presidente, non siga indiferente cando a xente demanda decencia. Hai que actuar con contundencia."
10:08: "Vostede non le os xornais? Estamos perante un problema moi grave e vostede limítase a facer xestos, como o de colocar a un dobre imputado á fronte dunha empresa (en referencia ao ex-alcalde compostelán Currás)"
10: 05 Núñez Feijóo
10:07 "Podemos facer un pacto sobre financiamento de partidos políticos, prohibindo doazóns. Nós propuxemos cousas. E volvo propror: vostedes queren sentar para falar de como abrir esas fiestras e sacar o cheiro a podre das institucíons?".
10:06: "As fiestras hai que abrilas para mudar o cheiro a podre en certas institucións. Nós propuxemos medidas de rexeneración democrática".
10:00 Méndez Romeu (portavoz do PSdeG)
10:03 "Nos papeis (do sumario) hai de todo: conseguidores do seu círculo persoal"
10:02. "Feijóo, vostede ten un problema engadido co financiamento ilegal da súa organización"
10:01 "Os medios ofrecen unha imaxe desoladora das institucións españolas. Prescindamos de letanías: presunción de inocencia, peso da lei... Estamos nunha situación parecida a unha epidemia, e as epidemias non se combaten con panos quentes. A corrupción é transversal, todos estamos afectados. Precísanse medidas estruturais".