Sánchez quer desactivar a poémica sobre a súa tese publicándoa na súa totalidade en internet

Núñez Feixóo insta o presidente español a dar explicacións sobre a súa tese. Mentres, o Tribunal Supremo pregunta á Fiscalía se abre unha causa a Pablo Casado polas irregularidades no seu máster na Universidade Rey Juan Carlos.

pablo casado pedro sanchez la moncloa
photo_camera Casado e Sánchez na Moncloa.

A demisión de Carmen Montón como ministra de Sanidade polas irregularidades no seu máster permitían prognosticar que o seguinte capítulo da polémica de títulos universitarios 'irregulares' e políticos ía volver poñer os focos sobre Pablo Casado, o presidente do PP, e o se controvertido máster. Mais non, a primeira liña do fogo mediático situouse nestas horas sobre o presidente español, Pedro Sánchez, e a súa tese de 2012, con PP e Ciudadanos a sementar dúbidas sobre o traballo. Ambos os dous partidos xa pediron a comparecencia do mandatario no Congreso "para dar explicacións".

Consciente do que se estaba a armar, Sánchez decidiu esta quinta feira autorizar que a súa tese ("Innovacións á diplomacia económica española. Análise do sector público") se pendure na súa totalidade (324 páxinas) en internet. Até o de agora só podía consultarse na biblioteca da Universidade Camilo José Cela, a onde nas últimas horas houbo desprezamento masivo de xornalistas para poder lela.

"Fixen a tese, cumprín con todos os pasos marcados pola lei, defendina perante un tribunal, publiquei as achegas da investigación en revistas académicas e nun libro xeralista", argumentou Sanchez. "Síntome orgulloso da miña tese", apostillou o socialista. PP e Ciudadanos apontan a "plaxios", nun discurso quet ivo a súa máxima expresión na portada do ABC desta quinta feira: "Pedro Sánchez plaxiou a súa tese doutoral". O presidente español xa anunciou accións legais se o xornal conservador español non "rectifica".

Unha das voces que se uniu á carga contra Sánchez por este tema é a de Núñez Feixóo, que instou o presidente español a "dar explicacións".

Casado e a xustiza

Mais que agora a primeira liña do fogo mediático-político estea neste caso non debe ser tranquilizante abondo para Pablo Casado. O Tribunal Supremo vén de pedir á Fiscalía que informe sobre se debe investigar o presidente do PP polas presuntas irregularidades no seu máster na Universidade Rey Juan Carlos (URJC), a mesma dos polémicos másters das demitidas Montón Cristina Cifuentes.

Fonte xurídicas sinalan cara a finais de setembrou ou principios de outubro como datas nas que o TS se reuniría para tomar unha decisión.

A xuíza do caso do máster de Casado elevou unha exposición razonada ao Supremo o pasado 6 de agosto na que pide que se investigue ao presidente do PP polos delitos de prevaricación administrativa e suborno impropio.

Comentarios