Primeira sesión de control ao goberno após o parón estival. As vacacións non minguaron nin unha miguiña o ardor parlamentar, ao nível dun inicio de curso político que todos prevén quente. Núñez Feijóo defende as propostas de reforma electoral do PP e no transcurso do debate mesmo cualificou ao BNG de "tonto útil" do PSOE, provocando que o portavoz parlamentar nacionalista exixise a retirada da acusación ou tería que dicir que "Galiza ten de presidente a un gilipollas".
Núñez Feijóo
10:49. "Os servizos públicos en Galiza teñen máis futuro hoxe do que tiñan no 2010 porque nós damos a cara por eles".
10:47. O presidente galego ataca a IU volvendo sacar Andalucía e Asturies, onde co-goberna Esquerda Unida.
10:45. "Voulle contestar como Deus manda", sinala Feijóo. "A Galiza que nos recibimos destruía 45.000 empregos no último ano e estaba en recesión".
Yolanda Díaz
10:43. "Insisto, señor Feijóo, vai cumprir coa Lei de Dependencia no noso país".
10:42. "Como é normal en vostede, non respondeu á pregunta". Díaz ofrece unha ringleira de dados oficiais que mostran que "a xente está a sofrer as consecuencias da súa política de recortes en Galiza". Cita mesmo sentenzas xudiciais.
Núñez Feijóo
10:40. "En Galiza estamos preocupados e comprometidos coa viabilidade dos servizos públicos". O presidente da Xunta asegura que "temos 7.000 prazas máis en benestar que co bipartito" e di que se duplicaron os dependentes que cobran axudas da Xunta.
10:39. Comeza retirando as alusións ao BNG ao que cualificou de "tonto útil".
Yolanda Díaz (vice-portavoz de AGE)
10:36. "Desde que vostede goberna recorto en dependencia un 50%" sinala a vice-portavoz de AGE, que lle pregunta a Feijóo se sabe que hai 18.000 persoas en Galiza que agardan polas axudas a dependencia. "Coñece que hai 8.000 persoas a esperar por unha praza nunha residencia?".
10:35. Díaz lamenta o "nivel" que o PP está a amosar neste debate e é apupada polos deputados do PP.
10: 34. Jorquera solicita a palabra para pedir "ao tonto útil do PP na Xunta que retire esa alusión ao BNG senón direi que Galiza ten de presidente a un gilipollas". Pilar Rojo di que vai retirar ambas alusións
Núñez Feijóo
10:30. "Nós non modificamos as reglas de xogo. Vostde cre que levamos 8 anos consecutivos a falla dun concelleiro en Vigo para a maioría absoluta e que non podemos gobernar". Feijóo di que o BNG "avergóñase de que o alcalde de Vigo sexa o que vostedes mesmos elexiron, como o de Lugo", Afirma que o Bloque é o "tonto útil do PSOE, que vos despreza e ningunea".
10:28. Bota man da Constitución para dicir que a Carta magna contempla a elección directa de alcaldes, polo que a proposta do PP é constitucional.
Francisco Jorquera
10:26. "Vostedes queren con esa proposta blindar o bipartidismo nun momento no que o bipartidismo está moi cuestionado na sociedade", sinala o portavoz do BNG, que sinala ao PP como responsábel de querer "dar un pucheirazo legal para reter con manobras unha maioría que saben que teñen perdida na sociedade". E finaliza, "en cuestión de principios, vostede é como Groucho Marx: estes son os meus principios. Se non lle vale, teño outros".
10:25. "Ao final, señor Feijóo, vai resultar que o anti-sistema é vostede", comeza dicindo Jorquera na súa quenda de réplica.
Núñez Feijóo
10:24. Acusa aos nacionalistas de querer cambiar a lei electoral para que Galiza sexa unha circunscripción única. "É unha proposta lexítima, mais de 7 escanos, a nosa está avalada por 41".
10:23. Feijóo insiste en que a redución do número de deputad@s non implica unha variación da representación das diferentes forzas políticas. Indica que o propio estatuto de autonomía recoñece que se pode reducir o nº de deputad@s a 61.
10:22. Afirma que un bo principio é non mentir para engadir que tamén é un bo principio que non gobernen as minorías senón os máis votados.
Francisco Jorqura (portavoz do BNG)
10:21. O portavoz parlamentar d@s nacionalistas din que o PP quer impor unha reforma en base aos seus intereses. "De verdade ten vostede principios? Rexeneración democrática é cambiar as reglas de xogo a medida dos intereses do PP?".
10:20. Vostede, en 2006, "propuxo que no debate de novo estatuto se introducise unha maioría de 2/3 para cambiar a Lei electoral, algo que incorporou ao seu programa electoral".
10:19. Comeza lembrando como Feijóo cualificou de "fraude electoral" unha proposta de reforma electoral presentada polo PSdeG e como Núñez Feijóo dicía que claquera cambio tiña que ser co consenso.
Núñez Feijóo
10:17. A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, fai unha chamada á orde á deputada socialista Acuña.
10:17. Tamén neste inicio do curso político Feijóo bota man de Andalucía como argumento para atacar a bancada socialista.
10:15. Afirma que Adolfo Suárez e Felipe González eran partidarios de modificar a lei electoral. O presidente da Xunta acusa ao PSdeG de ter moitos imputados, pondo os exemplos de Viveiro, Lugo ou Ourense.
Méndez Romeu
10:14. Acusa ao PP de cambiar a lei "no seu propio beneficio" e dille a Feijóo que el e a calidade dem ocrática son "antitéticos".
10:13. "Vostede era parlamentario por Pontevedra. Hai acusacións moi fortes de financiamento ilegal no PP de Pontevedra e ninguén de vostedes deu unha explicación". "Teñen vostedes un problema de sobres". Romeu di que levan tempo pedindo que poña a disposición do Parlamento as facturas do Sergas da época de cando Núñez Feijóo tiña "amizades perigosas".
10:12. Reprocha ao PP que rache co "consenso de 35 anos" coa pretensión de reformar a lei electoral.
Núñez Feijóo
10:11. "Eu estou coa Transición e co período democrático do PP e do PSOE. Levamos 35 anos pedindo a elección directa de alcaldes"
10:09. Asegura que recortar deputados non altera a representación no Parlamento. Feijóo insiste en que era unha cuestión que o PP levaba no seu programa "e nós cumplimos. Vostedes levaban no programa o da elección directa dos alcaldes e agora non queren cumprilo".
10:08. "Desde que chegamos a este goberno temos o compromiso da transparencia. Por iso eu fago pública a mila renda e Galiza é das comunidades autónomas máis transparentes de España".
Méndez Romeu (portavoz do PSdeG)
10:05. O portavoz do PSdeG reprocha a Núñez Feijóo os proxectos do PP de reformar a lei electoral. Dille que non fale de "calidade democrática" nin dea leccións.