Situar a loita contra a violencia machista “como prioridade política”

O BNG trata nunhas xornadas como revisar e avaliar a actual normativa para mellorar a eficacia no combate contra esta violencia.

BNG feminismos

Bertamiráns (Ames), localidade ao pé de Compostela, aclolleu este sábado as xornadas do BNG de traballosobre  violencia machista, un encontro no que dúas foron as cuestións en destaque. Por unha banda, este fenómeno nas novas xeracións. Por outro, como revisar a actual normativa para que sexa máis eficaz. Así mesmo, valoráronse diferentes experiencias e iniciativas no combate contra o machismo impulsadas desde diferentes ámbitos.

Noa Presas, responsábel de Acción Feminista, afirmou que ven “con especial preocupación a vixencia deste tipo de violencia na mocidade”. A deputada nacionalista lembrou como estudo máis recente o das universidades de Barcelona, Girona e Rovira Virgili sobre violencia machista neste ámbito académico, onde se denuncia que “o 62% das universitarias viviron este tipo de violencia aínda que as agresións denunciadas foi só do 9%”.

Para o BNG, dixo, a loita contra a violencia machista “é unha prioridade política”, de aí esta xornada de traballo no marco dunha campaña social e institucional “para esixir que sexa unha prioridade en todos os espazos e contribuía a que 2017 sexa un ano de novos recursos e novas actuacións para combater a violencia contra as mulleres”. Nesta liña, explicou que tras anos de aplicación da Lei 22/2007 para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero “é o momento de avaliar que modificacións precisa”, ademais de reclamar “máis recursos e maior implicación por parte da sociedade e das institucións”.

Na xornada tamén se abordaron iniciativas do BNG en distintos ámbitos  contra a violencia de xénero, como a do Concello de Pontevedra no ámbito urbano con campañas como #primAcoso ou as desenvolvidas polo concello de San Sadurniño no ámbito rural.

Comentarios