Grecia explora os límites da UE

O triunfo do 'non' no referendo grego sentou tan mal no 'establishment' europeo que convida a plantexar se a vitoria do 'OXI' inaugura unha nova etapa na UE ou porén se impón a continuidade do modelo, previa pequenas variacións.

Grecia 2

O 26 de xaneiro, non pasaran 24 horas da vitoria de Syriza nas eleccións gregas, Martin Schulz, presidente da Euro-cámara, lanzaba 2 advertencias aos triunfadores nas urnas: a Unión Europea non ía aceptar unha quita da débeda e deixaría de axudar o país heleno se o novo goberno non cumpría os seus requisitos. Syriza, que gañara as eleccións cun programa anti-austeridade mais sen cuestionamento do euro ou da UE, non tivo das institucións os 100 días de cortesía.

Seis meses despois daquelas eleccións, o triunfo do 'non' á proposta de acordo da 'troika' nun referendo convocado por Atenas volvía caer como unha bomba no 'establishment' europeo. E iso que o resultado albiscábano en Bruxelas dous días antes da consulta: o resultado dunha enquisa secreta encargada pola UE vaticinaba unha cómoda vitoria do 'oxi' (non). De aí que na xornada anterior ás votacións, os discursos de Donald Tusk (presidente do Consello) e W. Shäuble (todopoderosos ministro de Finanzas alemán) foran contemporizadores a respecto da que eles propios, e outros mandos europeos, dixeran pola semana.

E agora, que?

Gañou o 'non, e agora, que? O analista portugués Sérgio Aníbal sostén que estamos perante unha encrucillada: ou hai acordo rápido entre Atenas e Bruxelas ou Grecia vai encamiñar "cara á medios complementares de pagamento, o que se ve como un primeiro paso cara a saída do euro".

Mais desa saída do euro, o 'Grexit', Atenas non quer ouvir falar. No acordo asinado o día despois do referendo entre Syriza, Nova Democracia, Pasok, Anel e To Potami -acordo para servir de guía nas negociacións con Bruxelas-, dise claramente: "O resultado do domingo non é un mandato de ruptura, senón para consolidar esforzos para un acordo xusto".

miniatura_tsemana

A reportaxe, a dupla páxina, tela completa neste nº 153 do semanario Sermos Galiza. Acompaña a reportaxe as opinións de Antón Losada, Alba Nogueira, Gonzalo Rodríguez e Eloy Miranda.

Máis en Só en papel
Comentarios