Redacción 01/nov./20 - 13:30 Actualizado: 02/nov./20 - 11:49 Seguinte chevron_right Este domingo superouse a barreira dos 9.000 casos activos, é dicir, pacientes que padecen a enfermidade. Segundo os datos actualizados na web da Consellaría de Sanidade, con rexistros ata as 18 horas do sábado, a área sanitaria con máis infeccións diarias volve ser a de Vigo, con 165, que aínda así descende respecto á xornada previa. Onde se dispararon os positivos en 24 horas é nas áreas de Ferrol, con 136 (+72), e Pontevedra-O Salnés, con 113 (+60). Tamén suben, aínda que máis lixeiramente, as da Coruña-Cee, con 131 novos contaxios, e Compostela-Barbanza, con 93. No lado oposto, baixan os novos contaxios nas áreas sanitarias de Lugo-A Mariña-Monforte, até 112 (sete menos); e en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con só 25 novos positivos nun día (66 menos que na xornada previa). Con 9.119 casos activos, Galiza toca máximos, ao rexistrar un ascenso de 357 nun día. Así, o total de casos activos era o sábado de 8.762. Máis presión asistencial Tamén o número de pacientes en unidades de críticos de hospitais galegos continúa coa tendencia ascendente e son xa 74 das 482 persoas que se atopan hospitalizadas con Covid-19. Segundo a información da Consellería de Sanidade, aumentan en cinco respecto a os datos do día anterior os ingresos en Unidades de Coidados Intensivos. Por áreas sanitarias, a da Coruña e Cee continúa sendo a que ten maior número de hospitalizacións cun total de 112 (catro máis), 14 en UCI (dous máis). Séguelle a de Ourense, Verín e O Barco, na que, tras días de tendencia á baixa, volven aumentar os ingresos até 92, sete máis que o día anterior. Deles, 17 están en UCI, tres menos que o sábado. Na área de Compostela e Barbanza a cifra descende en catro, até 74, aínda que aumentan as persoas en críticos a 14 (dous máis). Por contra, na área de Vigo diminúen en cinco até os 66, aínda que hai máis pacientes en UCI: 11 (tres máis). A área de Lugo, A Mariña e Monforte conta con 41 persoas con Covid ingresadas (seis máis). Delas, catro atópanse na UCI. Na área de Pontevedra e O Salnés continúa crecendo o número de hospitalizacións e son xa 64, catro máis que na xornada anterior. Seis destas persoas permanecenen na UCI e as 58 restantes, en unidadades convencionais de hospitalización Aa área de Ferrol os hospitalizados con Covid mantéñense en 37, aínda que aumenta a porcentaxe en UCI, até un total de oito. Etiqueta Covid-19 incidencia Seguinte chevron_right
SOCIAL Centos de persoas participan en Agolada nunha foliada reivindicativa contra Altri Redacción 20/xul./24 18:59
SOCIAL O PSdeG ourensán denuncia que a tarxeta sanitaria galega exclúe emigrantes que viven en Europa Redacción 19/xul./24 20:42
SOCIAL A CIG alerta de que a Consellaría de Educación pensa reducir postos de traballo no ensino Redacción 19/xul./24 20:10
SOCIAL O catedrático da UDC Ricardo García Mira participa como experto convidado nun congreso sobre o cambio climático Redacción 19/xul./24 17:28
SOCIAL Unha caída a nivel mundial de Microsoft provoca incidencias en bancos, aeroliñas e administracións Yuri Carrazoni Mier 19/xul./24 10:49