M.S.T. residía dende hai quince anos na localidade en que se materializou o feminicidio co seu cónxuxe, natural de Arroyo de la Luz, e as súas fillas, ambas menores de idade. O marido da vítima e presunto asasino atópase actualmente detido pola Garda Civil nun hospital.
Os feitos tiveron lugar a pasada quinta feira 24 de agosto por volta das 7 da mañá tras unha discusión no domicilio familiar, segundo informan axencias. A vítima faleceu a causa de feridas de arma branca e o agresor foi trasladado ao Hospital San Pedro de Alcántara, en Cáceres. Ao parecer non existían denuncias previas de maltrato.
Esta sexta feira está convocada unha concentración silenciosa ás portas da Casa Consistorial. O concello cacereño decretou ademais dous días de luto e suspendeu os actos previstos para hoxe con motivo da festa da Tenca. O sábado 26 de agosto, aproveitando un evento institucional terá lugar un acto en repulsa do crime, informou a alcaldesa, a socialista Isabel Morán.