Opinión

Feijóo e as preferentes e subordinadas

No parlamento galego puidemos ver, como esta instituizón virou, por unha banda, en crítica da miséria real e, por outra, en expresión desa mesma miséria real.Os afectados polas preferentes e subordinadas asistiam à sesión parlamentar onde se ia tratar unha iniciativa relativa ao seu grave problema.

No parlamento galego puidemos ver, como esta instituizón virou, por unha banda, en crítica da miséria real e, por outra, en expresión desa mesma miséria real.

Os afectados polas preferentes e subordinadas asistiam à sesión parlamentar onde se ia tratar unha iniciativa relativa ao seu grave problema.

E que podían fazer aquelas/es que foron silenciados/as durante anos? Estafados até tres vezes polo mesmo poder que como a trindade da Igrexa católica son tres persoas distintas: Nova Galicia Banco, goberno e Union Europea, mais só un poder, o económico.

No médio a administración galega actuando de medium. Administración que optou por salvar aqueles casos dos seus amigos e afiliados e aqueles que, segundo algunhas fontes, podían rematar nos xulgados do penal.

Orquestaron moi ben o xogo da arbitraxe, este fato de lacaios. Todo isto grazas ao xogo da arbitraxe, xogo que definiu o que xa antes anunciaran desde Nova Caixa Galicia

Que podiam fazer estes cidadans, cando os representantes nos parlamentos deciden salvar os banqueiros e os especuladores e non os seus aforros?

Pois esta xente silenciada tanto tempo, rachou a falar, si a berrar. Pensamos acaso que non é motivo para berrar que che rouben os aforros de toda a vida.

Cun governo e un partido que conta cunha maioria absoluta abafante, que optan por marcharen do Parlamento. O Partido Popular abandonou o hemiciclo, diante das protestas d@s afectados que interpelando-o, exixianlle a devolución dos seus aforros

Tan sequera o governo do Partido Popular fose como as víboras que cando menos orgullosas e donas do seu território, erguen a cabeça quando lla pisan, mais nen niso asemellan ao reino animal galego; mais se asemellan ás ratas que abandonan o barco. Lonxe de plantarlle cara a un drama sen precedentes na historia da banca galega “a fraude das participaçons preferentes e a débeda subordinada” o que fam é fuxir e esconder a cabeza. Roen e escaravellan nos galegos e galegas de a pé, cando estamos quedos e foxem como cobardes cando se lles planta cara.

Porque nos ia aturar o partido popular? Quen somos nós? A quen representamos?

Escoita bem, Feijoó, nós representamos este pobo, porque nós somos uma parte, que digo, unha, somos unha gran parte deste pobo. Ti con toda a tua maioria absoluta só representas ao 27% do electorado. “Tod@s somos estafad@s”.

E berrraron, e así foron notícia. O PP defendéndose desta suposta aldraxe, viu-se como vítima. Vítima das plataformas das preferentes e subordinadas, vítimas do B.N.G. que apoiou, apoia e apoiará sen fisuras os afectados e que segundo Feijoo en declaracións aos médios esta manhá xoga coa dor dos afectados. Canto descaro....!

A oposición e os afectados, este mércores, representaron no Parlamento a crítica á miséria real. Governo e grupo popular a expresión da miséria real, onde as persoas son sacrificadas ao deus diñeiro.

As ofrendas do sacrifício: os aforros das preferentes e subordinadas, os servizos públicos, o emprego, o pequeno comercio e os dereitos das mulleres e @s traballadores/as.

E todo isto ocorre nunha Galiza que non conta con soberanía real para nos defender destes ataques.

Mais nos nen nos rendimos nen nos vendemos. Teñao claro señor Feijoo non imos parar até recuperarmos o total dos nosos aforros.