Opinión

O test

O momento político europeo é quente. Pero a maior incógnita será se a dereitalla chea de esteroides papará o que Nancy Fraser chamou "neoliberalismo progresista". Suponse que estes queren seguir coma súbditos de Biden e os primeiros algún tipo de reforzo do Estado-nación. Suponse. No bando pro-ianqui está a UK que lle fixo un corte de mangas á fraternidade europea e no outro hai atlantistas entusiastas coma os voxistas españois.

Porén, todos concordan en que o neoliberalismo é o modelo (cando menos mentres a alianza ruso-chinesa non obrigue a mudar o rumbo). No fondo do cadro: unha guerra no continente e un mundo indignado cos carniceiros sionistas amigos de Occidente. Tempo turbio para unhas eleccións que, dado o papel máis ben discreto do Parlamento Europeo, servirán para testar as forzas entre as dereitas mentres as esquerdas buscan un compás.

Comentarios