AELG

romaní en Bonaval
As escritoras reivindican Rosalía para desafiar o presente

“Escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude”

A Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG) levou ao Panteón de Galegos, e Galegas, Ilustres a súa ollada sobre Rosalía de Castro. Este domingo, cando se fixeron 182 anos do nacemento da poeta, Ana Romaní leu o manifesto das autoras na igrexa de San Domingos de Bonaval en Compostela: “Escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude”.
 

foto_pallares
Asemblea Xeral

A AELG premia Pilar Pallarés, Dorothé Schubarth, Pablo Quintana e María Teresa Horta

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega revela o nome das persoas que premiará este ano.

nacho taibo Imaxe de @MercedesQueixas
CULTURA

Nacho Taibo, Escritor na súa Terra

 A concesión pola AELG da distinción Escritor na súa Terra desenvolveuse este sábado en Oleiros, onde se descubriu un monolito conemorativo e o autor plantou un carballo. Faise xustiza así a un escritor non sempre entendido.

[Imaxe: Laura R. Cuba] Clara Isabel-Simó
Isabel-Clara Simó

“En Catalunya xa non é obrigatorio pasar por Madrid”

Isabel-Clara Simó (Alcoi, 1943) é unha das escritoras en catalán máis populares. Independentista confesa, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de distinguila como a Escritora Galega Universal que antes foron Juan Gelman, Elena Poniatowska, Pepetela, Hélia Correia ou Mahmud Darwix. Entrevistámola no Sermos Galiza 297. Eis un extracto.

gala mestres da memoria AELG 2
Distinción outorgada pola AELG

Luz Fandiño e Pazos de Merexo, Mestres da Memoria

A poeta Luz Fandiño (Compostela, 1931) e Manuel Pazos (Muxía, 1926), máis coñecido como Pazos de Merexo, son os Mestres da Memoria 2018. A distinción, outorgada pola sección de literatura de tradición oral da AELG, recoñece o labor de “informantes de literatura popular”.
 

sant jordi rosas amarelas
Comunicado por Sant Jordi

A AELG reclama que en Catalunya “triunfen a palabra e o diálogo”

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere que en Catalunya “triunfen a palabra e o diálogo, alimento da lietartura, e remate o antes posíbel a xudialización da súa vida política”. Así o expresa nun comunicado emitido un día despois da Diada de Sant Jordi.
 

[Imaxe: Irene Lobato] Nacho Taibo
Nacho Taibo, escritor

"Hai algo que me afecta moitísimo máis que unha crítica negativa, e é a ausencia, o silencio total"

Entrevistamos Xosé Ignacio ‘Nacho’ Taibo (Madrid, 1949), a quen a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá coa Letra E nunha homenaxe que terá lugar en Oleiros no mes de xuño. Eis un extracto da conversa que publicamos no Sermos Galiza 288.

nacho taibo zigzag
Escritor na súa Terra da AELG

A fin do exilio interior de Nacho Taibo

“Para concluír, como creador son un perfecto fracasado”. Con esta crueza percibíase, en 2001, o escritor Xosé Ignacio Taibo. Nun texto autobiográfico publicado na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Taibo lamentaba o “activo rexeitamento” que suscitaba na crítica a súa obra serodia. A concesión, pola mesma AELG, da distinción Escritor na súa Terra vén reparar, sequera parcialmente, este relato.
 

a escritora maría reimóndez
Manifesto da AELG no aniversario da poeta

Reimóndez, en nome das escritoras: “Precisamos todo o que foi Rosalía de Castro”

A escritora e novelista María Reimóndez (Lugo, 1975) foi a encargada de redactar o manifesto da Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega polo Día de Rosalía de Castro. “Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro”, proclama.
 

CESAREO SANCHEZ. autor EDUARDO CASTRO BAL
Asemblea Xeral

A AELG acorda a creación dun Parlamento de Escritoras e Escritores

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) congregou na mañá do sábado as súas socias e socios na Asemblea Xeral, en que aprobou recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria Luz Fandiño e Manuel Pazos, así como ratificar Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal e Xosé Ignacio Taibo como Escritor na súa Terra Letra-E. Entre as novidades, a AELG acordou celebrar un Parlamento de Escritoras e Escritores no outono.

acto da AELG
CULTURA

A AELG pide á Xunta que reconsidere a súa retirada das feiras internacionais do libro

A decisión unilateral da Xunta de suspender a súa presenza en catro das cinco feiras internacionais do libro ás que viña asistindo está a suscitar as protestas dos sectores implicados. A voz da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) únese á dos editores e pide ao Goberno que “reconsidere a súa decisión”.

Cabo Fisterra
PALABRAS CON MEMORIA

Hai moitas cousas que facer e moitas maneiras de facer as cousas [por Isidro Novo]

ra
Palabras con Memoria

A salgada no mar e a doce en calquera lugar [por Isidro Novo]

[Imaxe: Carme Fiaño] Neve en Curtis
PALABRAS CON MEMORIA

Se non te abrigas, logo non digas...[por Isidro Novo]

Carro do país
PALABRAS CON MEMORIA

Cómpre facer boa usanza do léxico da labranza [por Isidro Novo]

PALABRAS CON MEMORIA

Aínda que aquí é o vencedor, mellor o humor malo que o mal humor [por Isidro Novo]

pinheiro
PALABRAS CON MEMORIA

Eucaliptos e piñeiros en medrar son os primeiros

amencer no caxado
LINGUA

Con luz vense claras as cousas (e se a ten quen mira, moito máis) [por Isidro Novo]

PALABRAS CON MEMORIA

Cando algo ou alguén non está de todo ben [por Isidro Novo]

castinheiro
PALABRAS CON MEMORIA

Cando non son de froita, sombra dan e ata demarcan o ladro do can [por Isidro Novo]