CIG

bershka folga greve CIG
Discriminación das mulleres

A CIG denuncia fendas salariais de 300 euros en Inditex

“As condicións dos homes que traballan en Inditex están moi por riba das das mulleres”, denunciou esta maña a secretaria confederal de Igualdade da CIG, Margarida Corral. Referíase ás tendas do grupo Inditex, en que a fenda salarial chega aos 300 euros.
 

CIG greve xeral
TRABALLO

“É necesaria unha folga xeral para enfrontar a grave situación de precaridade e explotación”

Centos de delegados e delegadas da CIG participaron en Compostela na Asemblea Nacional para quentar motores cara ágreve xeral para a que a central sindical propón o 19 de xuño.

Segundo denuncia a CIG

A RG tamén vai suprimir as desconexións informativas locais

Na mesma reunión en que se comunicou a supresión do 'Diario Cultural', a dirección da RG tería informado ao Comité Intercentros da CRTVG da intención de eliminar as desconexións informativas locais.

Folga xeral galega: pasando á ofensiva

comedor_escolar
Sentenza do Superior a demanda da CIG

Os directores dos colexios non teñen que recibir os alimentos do comedor

Unha sentenza do Tribunal Superior recoñece o dereito dos directos dos colexios públicos a non se facer cargo da recepción dos alimentos destinados ao comedor escolar. Confirma un ditame previo dun xulgado vigués, emitido a raíz dunha demanda presentada pola CIG.
 

#19deXuño - Folga Xeral - CIG (con imaxes do 1ºdeMaio)
TRABALLO

#19deXuño - Folga Xeral - CIG (con imaxes do 1ºdeMaio)

Vídeo da CIG do Primeiro de Maio, data na que anunciou a convocatoria dunha greve xeral para o 19 de xuño.
Manifertacion CIG Vigo
TRABALLO

Miles de persoas mobilízanse coa CIG nun Primeiro de Maio que pon data á greve xeral: 19 de xuño

A central nacionalista convocou 13 manifestacións en cidades e vilas do país, marchas nas que tomaron partemiles de persoas baixo o lema “Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas”. Un Primeiro de maio que ten un horizonte: a greve xeral do 19 de xuño.

ferroatlántica
SOCIAL

Ferroatlántica, condenada por vulnerar o dereito de folga do seu cadro de persoal

A empresa ditara uns servizos mínimos perante a greve de xullo pasado que a CIG considerara claramente abusivos. O xulgado do social número 1 da Coruña dá agora a razón á central nacionalista. Ferroatlántica ten que indemnizar a CIG con 25.001 euros en conceito de danos morais decorrentes da vulneración de dereitos fundamentais.

CIG-ensino PP
SOCIAL

A CIG leva ao Parlamento a defensa dos dereitos do profesorado galego

Unha delegación do sindicato reuniuse cos grupos parlamentares para trasladarlles as medidas para restituír os dereitos perdidos nos últimos anos polo profesorado galego e que están avaladas por máis de 12.000 sinaturas.

[Imaxe: CIG] Paulo Carril
Paulo Carril, secretario xeral da CIG

"Que máis ten que pasar para que haxa unha folga xeral?"

Entrevistamos Paulo Carril, secretario xeral da CIG, días antes de que teña lugar o 1 de Maio, data que este ano vén marcada polo chamamento a acumular forzas para encetar o camiño que leve a unha folga xeral. Amósase convencido de que é hora de intensificar a mobilización para obrigar o PP a “retroceder nas súas posicións antisociais e antiobreiras” e que, advirte, “permanecen inalterábeis no proxecto de orzamentos xerais do Estado”, e salienta a problemática das pensións como cuestión clave da greve. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 293.

Folga Xeral
TRABALLO

CIG empraza UGT e CCOO a abrir o debate para a convocatoria dunha greve xeral

"É o momento dar unha resposta contundente”, considera o secretario xeral, Paulo Carril.

ela lab cig csc
TRABALLO

Fronte común do sindicalismo galego, vasco e catalán contra a "deriva antidemocrática" do estado

CIG, ELA, LAB e Intersindical-CSC comparecen en Compostela para denunciar a ofensiva política-xudicial en Catalunya e a criminalización da greve e das loitas sindicais e sociais por parte do Estado español. “Hai unha ofensiva contra o sindicalismo combativo”, denuncian. 

Mobilización da CIG en Vigo
Manifestacións en toda Galiza

CIG insta a camiñar cara a unha folga xeral en defensa das pensións públicas

Contáronse por milleiros as persoas que este domingo, 15 de abril, saíron á rúa en toda Galiza para reclamaren unhas “pensións dignas para hoxe e mañá” nas perto de 40 mobilizacións convocadas, por unha banda pola CIG, e pola outra por UXT e CCOO, sindicatos que aprobaran en 2011 a reforma que implicou o atraso na idade de xubilación ou a restrición ás xubilacións anticipadas.

xerais
TRABALLO

CIG denuncia os despedimentos en Edicións Xerais

CIG vén de denunciar os despedimentos que tiveron lugar en Edicións Xerais, propiedade do Grupo Anaya.

FERROL PENSIÓNS
ECONOMÍA

CIG convoca mobilizacións en defensa das pensións públicas

CIG convoca para hoxe,15 de abril, até 24 manifestacións e concentracións ao longo da xeografía galega, enmarcadas na campaña que o sindicato vén desenvolvendo na defensa do sistema público de pensións.

CIG 1
15A xornada de mobilización

Derrogar as reformas, o camiño para garantir as pensións

Derrogar as últimas reformas é o único camiño para garantir unhas pensións dignas no país. Baixo esta premisa, a CIG vén de intensificar as mobilizacións na defensa do sistema público de pensións, e cunha chamada a avanzar cara á convocatoria dunha folga xeral que faga retroceder o goberno español “nas súas posicións antisociais e antiobreiras”. A central convoca este domingo unha nova xornada de mobilización.Eis o extracto dunha reportaxe publicada no Sermos Galiza 291.

A CIG dá un salto cualitativo

Pensións dignas, si, manipulacións e enganos non

CIG navantia greve
TRABALLO

Navantia quer que se declare ilegal a greve das auxiliares para evitar “sobreusos deste dereito”

O xulgado do social nº2 de Ferril deixou visto para sentenza a vista pola demanda da empresa contra a CIG polo paro de 22 días en outubro pasado na industria auxiliar  para reivindicar o cumprimento dos acordos salariais e laborais de 2001.

          Manifestación CIG en defensa das pensións e do emprego. 28 de xaneiro de 2017
Convocada pola CIG

15 de abril: xornada nacional de mobilizacións polas pensións públicas

O domingo, 15 de abril, haberá manifestacións e concentracións convocadas pola CIG en diferentes cidades e vilas de Galiza, nas que se defenderá o sistema público de pensións, así como pola recuperación dos dereitos perdidos e para reivindicar emprego e salarios dignos.