O sindicato CIG anuncia una zornada nacional de mobilizacións para o domingo 15 de abril, una xornada na defensa do sistema público de pensións, pola recuperación dos dereitos roubados e para reivindicar emprego e salarios dignos. Haberá mobilizacións simultáneas nas sete cidades galegas e tamén en diferentes localidades do país procurando así que se visibilice “o amplo rexeitamento social ás políticas dos gobernos do PP”.
Esta xornada enmárcase na campaña que a central sindical está desenvolvendo para esixir a derrogación das “reformas antisociais e antiobreiras aprobadas baixo a escusa da crise económica.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, considera que é o momento de acumular forzas e dar unha “resposta contundente” que obrigue o Goberno do PP a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións, xa que esta "é a única alternativa para articular medidas que garantan, de verdade, a viabilidade do sistema público de pensións, o seu poder adquisitivo e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional".