Máis

Preservar o Tambre: voluntariado ambiental impulsa a rexeneración da flora autóctona

Unha ducia de persoas participaron esta terza feira nunha xornada de voluntariado convocada por Adega para a eliminación de especies exóticas na contorna do río Tambre ao seu paso por Ames (comarca de Compostela). Trátase dunha acción de custodia para a resiliencia do territorio nun espazo onde a flora invasora ameaza os ecosistemas fluviais.
Voluntariado ambiental, esta terza feura na contorna do Tambre (Foto: Adega).
photo_camera Voluntariado ambiental, esta terza feura na contorna do Tambre (Foto: Adega).
Comentarios