Catalunya

Arcadi Oliveres
Arcadi Oliveres

“Se saír de España significa saír da Unión Europea, estupendo”

Arcadi Oliveres (Barcelona, 1945), economista, pacifista, independentista, é un home que camiña na procura da utopía, esa que na frase de Galeano foxe no horizonte en canto se dá un paso cara ela. Oliveres segue adiante. No 15-M, na construción de Procés Constituent despois, a plataforma que deu orixe ao espazo dos Comuns que el quixo máis amplo. Estivo na primeira liña da política catalá até hai nada. Esta terza feira 10-O estivo na Coruña para ofrecer unha charla sobre políticas de inmigración que inaugura o ciclo de Cooperación Expandida, un proxecto de intervención social que nace na cidade.

Screen Shot 2017-10-12 at 12.21.02
INTERNACIONAL

Fascistas queiman esteladas ao termo dunha nova marcha unionista en Barcelona

O españolismo máis extremista manifestouse este 12-O, Día da Hispanidade, en Barcelona. Nova marcha unionista na capital catalá e, como se agardaba, nada que ver co músculo mobilizador exhibido o pasado domingo. Esta quinta feira, a convocatoria "Catalunya é España" apenas reuniu uns miles de persoas. Entre elas fascistas que queimaron esteladas. 

O neocapitalismo, a Catalunha e o sangue

Não temos medo

A recentralizaçom que vem

A declaración de independencia posíbel

parlament catalunya @govern
INTERNACIONAL

Puigdemont deixa en suspenso a declaración de independencia para abrir unha negociación

O president recoñece que o mandato das urnas foi claro e que Catalunya “gañou o dereito a ser un estado independente”. Porén, pula por escoitar as voces que piden diálogo. “Demando do goberno español que escoite e da UE, que se implique”.

O sangue derramado dum povo que só procura a sua liberdade

govern
A única dúbida, a fórmula da declaración

Todo indica que Puigdemont proclamará esta terza feira a independencia de Catalunya

Carles Puigdemont pronunciará esta terza feira no Parlament (18 h) o discurso máis transcendente da historia contemporánea de Catalunya. Todo indica que o president declarará a independencia do país. A dúbida está en cal será a fórmula con que proclamará o nacimento da República catalá. Durante toda a segunda feira, os distintos segmentos do soberanismo -JxSí, a CUP, mais tamén a Assemblea Nacional Catalana e Òmnium Cultural- mantiveron intensas reunións para perfilar os pormenores da declaración.

pablo casado PP
Pablo Casado, partidario de ilegalizar as forzas independentistas

O PP advirte a Puigdemont que pode acabar como Compayns

Pablo Casado, vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, advertiu que a declaración de independencia pode acabar "como hai 83 anos”, en referencia ao presidente da Generalitat Lluis Compayns, que foi detido, preso en 1934 na II República e posteriormente, en 1940, fusilado polo réxime franquista. O día despois da manifestación unionista de Barcelona, Casado emitiu un discurso durísimo que non deixa ningún espazo á negociación e até deixou caer a hipótese da ilegalización dos partidos independentistas.

en marea
Baixo o lema 'Parlem, Falemos'

​Concentracións en varias cidades galegas para pedir diálogo en Catalunya

​A iniciativa xuntou centos de persoas vestidas con roupa branca nunha convocatoria sen bandeiras. Nun manifesto, reclamaron que no se utilicen as leis "para xerar un conflito civil".

(Imaxe: European Council)
POLÍTICA

A independencia de Cataluña, na axenda de Merkel e Juncker

A chanceler alemá e o presidente da Comisión Europea mantiveron unha conversa telefónica sobre unha posible declaración do Parlament. Os ministros europeos de Economía teñen previsto abordalo tema a próxima semana.

Felipe VI na senda de seus homónimos

fsm
INTERNACIONAL

A Federación Sindical Mundial expresa o seu apoio ao pobo catalán

A organización internacional, que representa a 92 millóns de traballadoras e traballadores, denuncia “as prácticas autoritarias e o terrorismo do goberno de Rajoy”. 

Parla
INTERNACIONAL

O TC suspende o pleno do Parlament en que se podería declarar a independencia de Catalunya

O Estado continúa a pisar o acelerador na escalada represiva. Mais unha vez, o Tribunal Constitucional dicta unha resolución contraria ao procés. Desta volta, a suspensión cautelar do pleno do Parlament que se ía realizar a vindeira segunda feira, unha convocatoria do lexislativo catalán en que eventualmente -e segundo anunciou a CUP- se iría producir a Declaración Unilateral de Independencia (DUI). O TC actúa a instancias dun recurso do PSC contra a convocatoria do pleno.

banco sabadell
INTERNACIONAL

Banco Sabadell traslada a súa sede fóra de Catalunya, a Alacant

Os servizos centrais da entidade financeira, en todo caso, continúan en Catalunya. 

Galiza catalunya cazolada
SOCIAL

Centos participan na cazolada galega contra as ameazas de Filipe VI a Catalunya

As persoas participantes na mobilización tamén se defendeu a lexitimidade dos resultados do 1-O. Vídeo no interior

Catalunya triunfant

23498750578_b65ddd7122_z
INTERNACIONAL

Defensa envía dous comboios militares a Catalunya

Nun momento especialmente delicado e practicamente en paralelo ao agresivo discurso de El-Rei, o Ministerio de Defensa ordenou o envío de dous comboios militares a Catalunya. A versión oficial é que os destacamentos van en misión de apoio loxístico á Garda Civil e á Policía Nacional. 

cazolada
SOCIAL

Cazoladas hoxe nas cidades galegas en solidariedade co pobo catalán

Serán a partir das 20:30. Convocadas para rexeitar as “ameazas” do discurso de Filipe VI e o respecto dos resultados do refrendo do 1-O.