Catalunya

Mobilización cívica para defender as urnas no referendo

caxade
CULTURA

Músicos galegos gravan 'L'estaca' en solidariedade con Catalunya

Máis de seiscentos músicos galegos apoian un manifesto, difundido a través das redes sociais, que chama a defender "o dereito a convocar unha consulta democrática para decidir sobre a autodeterminación dun pobo". Deles, unha boa parte participan no rexistro dunha versión de L'estaca que verá a luz antes do sábado.

ferrol catalunya concentración
SOCIAL

Policía identifica e retén 4 persoas en Ferrol por anunciar a manifestación a favor do 1-O

Fundaçom Artábria informa que estiveron retidos 20 minutos e que os axentes ameazaron nun primeiro momento con lles requisar o material que anunciaba a mobilización deste sábado en Compostela (Praza da Alameda, 12 horas) na defensa do 1-O.

@iontelleria catalunya
Intelectuais españois a prol do 1-O

Voces críticas pola autodeterminación

O xénero do manifesto de intelectuais ten unha longa tradición no Estado español. Á calor do proceso de autodeterminación do pobo catalán cobrou especial relevancia aquel dos que cualfican de "estafa" o referendo convocado pola Generalitat o vindeiro 1 de outubro. Pero tamén existen pensadores, artistas e figuras públicas que apoian as votacións do domingo e o dereito de autodeterminación de Catalunya na conxuntura actual.
 

Arredarmos do dependentismo

DKeOLCDXkAAYyz1
Membros de En Marea participan nun acto en Zaragoza

En Marea defende o dereito a decidir do pobo catalán

O Consello das Mareas, reunido o sábado, día 23, emitiu un comunicado en defensa do dereito a decidir, “o pobo catalán ten dereito a exercelo e escoller libremente o seu futuro e a súa relación cos pobos que hoxe conforman o estado español e o resto do mundo”..

[Imaxe: Ministerio do Interior] Diego Pérez de los Cobos
INTERNACIONAL

O coordinador do operativo policial imposto polo Estado en Catalunya foi xulgado por torturas

O coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos, imposto polo Ministerio do Interior para coordinar o operativo policial en Catalunya para impedir que teña lugar o referendo do 1 de outubro, fora xulgado por torturas ao preso vasco Kepa Urra.

CESAREO SANCHEZ. autor EDUARDO CASTRO BAL
INTERNACIONAL

A AELG esixe acabar coa “persecución sen límites” contra as institucións literarias catalás

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega emitiu na mañá do sábado un comunicado en que se solidariza coa Associació d'Escriptors en Llengua Catalana dada a “vixilancia especial” que padecen institucións literarias catalás nos días previos ao referendo.

mobi
INTERNACIONAL

Madrid ve "tumultuarias" as manifestacións e a Fiscalía apresenta denuncias por sedición

O portavoz do Goberno español, Íñigo Méndez de Vigo, cualificou esta sexta feira de "tumultuarias" as manifestacións habidas estes días en Catalunya en protesta pola operación policial lanzada contra diversos departamentos do Govern. O termo non é gratuíto e remite directamente para o artigo 544 do Código Penal, o que tipifica a sedición. O civismo marcou o desenvolvimento das mobilizacións.

catalunya refrendo imaxe de @CridaDemocracia
INTERNACIONAL

Centos de persoas concéntranse na Cidade da Xustiza de Barcelona en apoio aos seis detidos

A Garda Civil rexistrou máis unha nova empresa, desta volta nun polígono de Òdena, na procura de urnas de votación. Puigdemont afirma, nunha carta no Washington Post, que o 1-O haberá referendo. 

Golpe de estado contra a democracia e as liberdades en Catalunya

Oh Tribunal, meu Tribunal!

Galiza Nova catalunya
Acto sobre o 1-O en Compostela

”O referendo vaise facer e con todas as garantías”

Pau Morales e Gonzalo Bonnin, das mocidades de ERC, estiveron en Compostela para falar do proceso que vive Catalunya e do 1-O. Agradeceron a solidariedade de Galiza e outros territorios perante o “ataque de histeria do Estado español” e deixaron unha mensaxe clara: “a única ameaza real” que ten o réxime do 78 sobre a mesa é o referendo.

catalunya alcaldes @albertbatalla
INTERNACIONAL

Os primeiros alcaldes citados por apoiar o referendo néganse a declarar

Miquel Sala, de Oliana, foi o primeiro dos 712 rexedores cataláns en comparecer a instancias da Fiscalía. 

Antoni Domènech
CULTURA

Morreu o filósofo marxista catalán Antoni Domènech

O filósofo marxista Antoni Domènech morreu onte en Barcelona, a cidade onde nacera, aos 65 anos. Influínte pensador da esquerda catalá, un dos máis significados discípulos do comunista Manuel Sacristán Luzón, centrou boa parte dos seus esforzos nos últimos tempos á publicación dixital Sin Permiso.

Acto da ANC esta tarde en Barcelona
INTERNACIONAL

Unha enquisa avanza a ampla vitoria do ‘si’ en Catalunya cunha participación do 60%

A terceira ola da enquisa que Instituto Opinometre está elaborando para o diario catalán Ara sinala que a estratexia do Goberno español fai aumentar o número de partidarios do ‘si’ no referendo do próximo 1 de outubro en Catalunya, pero tamén retrae ao perfil de votante socialista de acudir as urnas.

Vídeo do referendo de autodeterminación de Catalunya
INTERNACIONAL

Vídeo do referendo de autodeterminación de Catalunya

Anuncio institucional da Generalitat de Catalunya para o referendo de 1-O.

Catalunya, coida-te dos Felipes, Austrias ou Borbons

Beiras
POLÍTICA

Anova denuncia un “estado de excepción non declarado” contra Catalunya

 “Están en xogo os nosos dereitos fundamentais coma cidadáns, a posibilidade de converternos a todos en súbditos”, afirmou Xosé Manuel Beiras.

Catalunya e nós: Vinte dias para abalar o régime