Puigdemont fai pública a lista de colexios electorais onde votar o 1-O

Pódese acceder mediante DNI, data de nacemento e código postal. O propio presidente da Generalitat anunciou a través das redes sociais a páxina onde se fornece e facilita esta información. Na listaxe figuran equipamentos municipais de Barcelona

Carles Puigdemont mandou un chío de twitter esta tarde na que partilla a ligazón onde se publica a lista de colexios electorais onde se poderá votar no referendo do 1-O. Para saber onde ten que ir votar cada quen, tense que poñer DNI, data de nacemento e código postal do lugar de residencia. Introducidos estes datos, a páxina proporciona o nome e enderezo do centro de votación, así como o distrito, sección e mesa.

 

A noticia xerou unha gran resposta, tanto en redes sociais como no que atinxe a visitas e acceso a páxina, o que provoca que esta tarde en cargar por momentos cando se quere acceder a ela.

Entre os locais de votación hai colexios que son os puntos habituais de votación nas xornadas electorais, mais tamén outros novos. En Barcelona, na listaxe figuran tamén equipamentos municipais. O Govern fai públicos os colexios electorais no día que o establece a lei de referendo, 21 de setembro, e a xornada despois do operativo do Estado contra o 1-O que se saldou con 15 detencións.

Comentarios