Os primeiros alcaldes citados por apoiar o referendo néganse a declarar

Miquel Sala, de Oliana, foi o primeiro dos 712 rexedores cataláns en comparecer a instancias da Fiscalía. 

catalunya alcaldes @albertbatalla
photo_camera Imaxe de @albertbatalla

O alcalde de Oliana, Miquel Sala (PDECat), citado pola Fiscalía polo seu apoio ao referendo negouse a declarar na súa comparecencia desta terza feira nos xulgados. Sala foi o primeiro dos 712 alcaldes cataláns citados a declarar a instancias da Fiscalía e estivo apoiado por un cento de cargos políticos da comarca de Alt Urgell, á que pertence Oliana.

Entre as persoas presentes estaba tamén o alcalde de Pont de Suert, José Antonio Troguet, citado a declarar tamén no mesmo xulgado e pola mesma causa. Troguet anunciou que tampouco ía declarar. ‘As persoas concentradas cantaron ‘LÈstaca’. Outro alcalde citado para esta terza feira é o de de Mollerussa, Marc Solsona, que tamén é deputado de Junts pel Sí.

A Fiscalía cita declarar 32 alcaldes da comarca de Lleida por apoiar o referendo. Esta cuarta feira, día 20, terán que comparecer perante a xustiza as e os rexedores de Aitona Cervera , Linyola, Fondarella, El Palau d'Anglesola, Pla d'Urgell.

Confiscación

Un amplo despregamento da Garda Civil persoouse a primeira hora da mañá desta terza feira  na empresa de mensaxería Unipost, en Terrassa, na procura de material relacionado co referendo do 1-O. Durante o rexistro os axentes incautáronse de notificacións para as mesas electorais do referendo.

Comentarios