Catalunya

Junts pel Sí
O FUNDAMENTAL é A "FOLLA DE ROTA", NON A PRESIDENCIA DA GENERALITAT

Mas facilitará o acordo coa CUP

Non haberá problema Artur Mas. O líder de Convergència le os resultados do 27S en chave partidaria e non persoal. "Este non é o tema trascendental", dixo aos meios nunha comparecencia o día seguinte á vitoria do bloco independentista, ao ser perguntado sobre a súa candidatura á presidencia. E cal é o tema trascendental? A "folla de rota" cara á independencia.

Podemos Galiza
AVALIACIóN DAS ELECCIóNS CATALáS

Breogán Riobóo afirma que a "irresponsabilidade" de Rajoy "incentiva" o independentismo

Primeira avaliación de Podemos Galiza dos resultados das eleccións catalás.

portada catalunya
Països Catalans

A prensa española nega un triunfo independentista que recoñecen os medios internacionais

As capas da práctica totalidade de xornais españois e galegos partillan mensaxe nas súas capas: fracaso do independentismo e derrota de Mas. Pasar os Pirineos e a noticia cambia radicalmente nos principais medios internacionais: vitoria dos 'separatistas' e España ten un problema.

votar
Països Catalans

Catro ollares sobre os resultados dos comicios cataláns

Catro voces falan para Sermos sobre os resultados electorais e o escenario que se abre agora: Suso de Toro, Susana Amado (ANC), Suso López (da Asociación Cultural Galega en Barcelona) e Alba Nogueira.

Junts pel Sí. Eleccions catalás
A CUP TERá A CHAVE NO PARLAMENT; PP E CATALUNYA SI QUE ES POT, OS GRANDES DERROTADOS

Histórica maioría absoluta do bloco independentista

[ACTUALIZADA ÁS 00.33]. A República de Catalunya está máis perto. O bloco independentista (a suma Junts pel Sí e a CUP) obtivo este 27 de setembro, e folgadamente, a maioría absoluta de escanos no Parlament, ao conseguir 72 asentos (62 e 10, respectivamente). Ciutadans fíxose coa segunda praza, con 25 escanos. Os grandes derrotados foron o PP e Catalunya si que es Pot (a suma de Podemos e Iniciativa per Catalunya).

admin-electoral-A
27S

As eleccións catalás, na rede

A continuación reproducimos os chíos máis significativos sobre as eleccións de Catalunya. Sigue o que opinan nas redes sociais nunha xornada tan transcendental.

Noite eleitoral. Eleccións Catalunhya.
CIUTADANS, SEGUNDA FORZA, DESASTRE DO PP E DERROTA POLíTICA DE PODEMOS E INICIATIVA

Co 76% escrutado, maioría absoluta independentista

[ACTUALIZACIÓN ÁS 22:00] Os dados oficiais, cun escrutinio aínda baixo a estas horas, por volta do 76%, confirmarían a maioría absoluta independentista. A suma de Junts pel Sí e a CUP tería neste momento 73 escanos, 5 por cima da maioría absoluta.

 

Filas
POLÍTICA

Dados de participación en Catalunya: case 7 pontos máis que en 2012

[ACTUALIZACIÓN ÁS 18.29] Mobilización masiva do eleitorado nas eleccións con máis carga política e simbólica da historia de Catalunya.

Eleccións catalás
AS ELECCIóNS MáIS DECISIVAS DO PRINCIPAT, COA INDEPENDENCIA NO HORIZONTE

Os ollos do mundo, pendentes de Catalunya

Máis de 5,5 millóns de persoas están chamados ás urnas este domingo nas eleccións catalás, uns comicios que, en función dos resultados, poderían mudar de maneira definitiva a política catalá, estatal e mesmo europea.

admin-electoral-A
ELECCIóNS CATALáS

A Generalitat vaticina un aumento da participación nas eleccións catalás

A Generalitat catalá puxo de manifesto hoxe que espera un aumento da participación nas eleccións que terán lugar este domingo. Proba disto é o incremento dun 62,5% no número de solicitudes de voto por correo.

[Imaxe: Junts pel Si]
POLÍTICA

Un inquérito publicado en Andorra dá a maioría absoluta ás forzas independentistas

Junts pel Sí obtería entre 62 e 64 escanos. Completaría a absoluta a CUP, que se faría con entre 6 e 8 asentos no Parlament. O grande derrotado sería Catalunya si que es Pot, que apenas superaría os resultados en solitario de ICV.

De Cataluña, a Unión Europea e Galiza 

Nos debates das eleccións do 27 estando en xogo a cuestión nacional catalana

SOCIAL

O Foro Cívico Galego en Barcelona declara a súa oposición á política "imperial" do PP en Catalunya

Através da sinatura do Manifesto Meridiano denuncian as posicións adoptadas por Feijóo e o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete.

Catalunya: unha cuestión de democracia

A campaña electoral catalá está a mostrar cales son os límites da democracia no Estado español

Só en papel

27S: Catalunya ten unha cita coa Historia

Cinco millóns e medio de cataláns están convocados a unhas eleccións que, rebordando o corsé de simples autonómicas, constitúen o principal desafío para o modelo político, económico e social pactado na Transición española.

Catalunya: independentistas versus unionistas

Máis que plebiscitarias, as eleccións en Catalunya son binarias. Ou arre ou xo.

SOCIAL

'Galiza con Catalunya' convoca un mosaico humano de apoio ao proceso independentista

O obxectivo da plataforma é amosar a solidariedade de pobo galego con Catalunya perante o 27-S.

Escocia e Catalunya

Hai agora un ano xusto da decisión da cidadanía escocesa de continuar vencellados como até de agora ao Reino Unido

Països Catalans

A banca amaga con retirarse de Catalunya se gañar a opción independentista

Através dunha declaración institucional conxunta a patronal bancaria española advirte que reconsiderará a súa presenza no Principat en función dos resultados electorais do 27-S. 

ANC
Països Catalans

Catalunya, #27S: Continúa a batalla do unionismo contra o independentismo

A marcha da campaña catalá estivo marcada recentemente pola posición do Cercle d'Economia que rexeita calquera vía unilateral de independencia pero que entende que cómpre non ignorar -en caso de se confirmar- a maioría independentista resultante das eleccións do 27 de setembro.