A Comisión Europea chama a atención a Hungría polas súas restricións
O Parlamento húngaro outorgou ao Goberno competencias extraordinarias e sen límite temporal que permiten a Orbán gobernar por decreto e sen control parlamentario.
O Parlamento húngaro outorgou ao Goberno competencias extraordinarias e sen límite temporal que permiten a Orbán gobernar por decreto e sen control parlamentario.
O Consello Europeo ratificou onte o feche das fronteiras da Unión Europea durante 30 días. É a primeira medida que os Estados membros toman de forma conxunta, despois de varias semanas actuando de forma individual e independente fronte á ameaza sanitaria que vive o mundo e, concreta e especialmente, o noso continente.
Un informe da Comisión de Expertos sobre a realidade das linguas minorizadas no Estado español constata dificultades e incumprimentos para o galego e constata a preocupante perda de falantes. "A transmisión do idioma de pais a fillos xa non está garantida", alerta.
A gran prioridade do novo Executivo comunitario será, segundo a súa presidenta, a transición enerxética e a loita contra o quecemento global.
A dereitista alemá Ursula Von der Leyen resultou eleita nova presidenta da Comisión Europea por maioría absoluta da eurocámara, recibindo un total de 383 votos a favor achegados desde as filas do Partido Popular Europeo, o grupo socialdemócrata e do conglomerado de formacións liberais denominado Renew Europe. En contra obtivo 327 votos e producíronse 22 abstencións.
A súa candidatura racha o compromiso de ser eleita como presidenta da Comisión unha dirixente política previamente sancionada polas urnas nas eleccións ao parlamento europeu do pasado 26 de maio.
Foron necesarios tres días de reunións e negociacións ininterrompidas a porta fechada e sen teléfonos móbiles para que os 28 xefes de Estado e de Goberno da Unión chegaran a un acordo sobre a repartición dos cargos de máxima responsabilidade da escena comunitaria. Foi o cumio máis longo da historia, que deu paso ao nomeamento de catro figuras controvertidas que botaron por terra o proceso de Spitzenkandidaten e consolidan o poder político e económico de Alemaña e Francia no seo da Unión Europea. Eis un extracto da información publicada no semanario en papel Sermos Galiza número 354.
Maquinaria pesada danou este espazo de Arteixo, un ecosistema considerado hábitat prioritario pola UE
Expulsou á atmosfera 7,9 millóns de toneladas de CO2, segundo detalla un informe dos rexistros da Comisión Europea. Unha cantidade 2,2% inferior á do ano anterior.
A Comisión Europea seleccionou a Illa de Arousa e 25 illas máis para participaren no seu proxecto Clean Energy for EU Islands que pretende desenvolver unha transición cara ás enerxías limpas para 2020.
O exame da Comisión Europea sobre competitividade rexional sitúanos no posto 181 entre os 263 territorios. Danos Bruxelas unha puntuación de 36,6 sobre 100 (un suspenso), o que nos sitúa 18 puntos por baixo da media europea e son, mesmo, oito puntos menos que os que a UE nos daba en 2010. Afastámonos, pois, dos territorios con economías máis competitivas, ao tempo que perdemos capacidade de enganche en sectores fulcrais. Por que?
Vera Jourová, comisaria europea de Xustiza, afirma en resposta á pregunta de BNG e EH Bildu en Bruxelas, que son os estados aos que lles compete garantir o respecto aos dereitos humanos e garantías legais.
Ana Miranda salienta que nos próximos días a Comisión Europea fará público o informe que redactou a raíz da visita da Plataforma de Vítimas do Alvia ao Parlamento Europeo en novembro de 2015, unha visita tivo lugar a instancias do BNG. En declaracións a Sermos Galiza, Miranda di que espera que se deriven "responsabilidades políticas".
Serán 3.000 millóns de euros a repartir entre os Estados membros. Entretanto, as negociacións de paz na Siria paralízanse.