Covid-19

Un sanitario prepara unha vacina da Covid-19. (Foto: Dominic Lipinski / PA Wire / Dpa)
SOCIAL

Covid: Detectado en Vigo o primeiro caso da variante sudafricana no Estado español

Fontes do Servizo de Saúde aclaran que o contaxiado era un varón de 30 anos que viaxou a Sudáfrica por motivos laborais relacionados co sector naval.
Feixoo no Consello da Xunta. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza)
SOCIAL

Covid: Feixoo advirte de que as doentes irán "dun hospital a outro en función da necesidade"

Ve “capacidade de resistir” pero recoñece estar preocupado polas UCI. O presidente da Xunta fixo as declaracións, após o Consello da Xunta, nun día no que foi preciso derivar a outras tres infectadas do virus desde o Hospital de Ferrol ao Lucus Augusti para reducir a presión da infraestrutura ferrolá.
Traballador sanitario nunha unidade UCI madrileña, nunha foto de arquivo, no pasado pico da pandemia (Imaxe:  Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

Continúan a aumentar os ingresos nas UCI: 30% máis nunha semana

Os casos activos minguan no seu ritmo de aumento, 326 na última xornada.

Sen titulo
SOCIAL

Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 28 de xaneiro no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

A praza do Obradoiro. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Sanidade notifica 29 mortes decorridas desde o 22 de xaneiro

É a cifra máis elevada desde o 1 de abril de 2020, cando a Xunta comunicou 36 decesos acaecidos ao longo de varios días. As circunstancias epidemiolóxicas levaron a novas restricións e mesmo os albergues botaron o feche en pleno Ano Xacobeo.
Antón Pedreira, esta cuarta feira, fechando as portas da súa libraría en Compostela ao remate da xornada (Foto: Arxina).
Hostaleiras e comerciantes lamentan estar a traballar "con perdas"

A Galiza que vén: feches, resignación e rúas baleiras

As novas restricións sitúan Galiza nun "confinamento encuberto" que afecta especialmente á hostalaría e ao comercio. As persoas teñen "medo" e os estabelecementos camiñan "cara á bancarrota".
Campaña de vacinación da Covid-19 no mundo. (Foto: Aryan Dhimal / Zuma Wire / Dpa)
SOCIAL

Unha sanitaria do Sergas sobre as ingresadas por Covid: "Á semana o tubo obstrúese e non deixa pasar o aire"

Unha traballadora dunha unidade de coronavirus denuncia nas redes sociais a grave situación que teñen as e os doentes. Ademais de ser unha chamada de atención á cidadanía e de lamentar que non haxa espazo para tratar enfermidades que non sexa o coronavirus, a galega advirte: "Esta onda non a surfeamos". 
Dose da vacina de Pfizer (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A cepa británica da Covid, máis perigosa e contaxiosa, xa está aquí

Un informe do Ministerio de Sanidade reflicte un "incremento importante" desta variante no Estado
E. Parra. Pool. EP2
INTERNACIONAL

Primeira querela contra Illa despois do seu cesamento

A Asociación nacional de vítimas e afectadas polo coronavirus presentan unha querela contra Salvador Illa e Fernando Simón pola súa xestión da pandemia da Covid. 
Novo centro de saúde da Estrada, na comarca do Deza. (Foto: Arxina).
star
SOCIAL

A Atención Primaria reivindica o seu valor esencial: "Non se pode facer medicina por teléfono"

O Comité de Bioética da Galiza vén de presentar un informe no que alerta das mudanzas que provocou a pandemia da Covid-19 na Atención Primaria. A crise sanitaria moveu o marcos da asistencia máis próxima creando dificultades de acceso aos centros de saúde e un impacto directo na relación entre profesionais e pacientes, advirte. Unha deterioración que ademais de causar o descontento da poboación, "pon en grave risco a calidade asistencial prestada no conxunto do Sistema Público de Saúde da Galiza. 
3333
POLÍTICA

Galiza, con 66 contaxios á hora, é para Feixoo "un dos lugares máis seguros de Europa"

Con 1.586 novos positivos en tan só 24 horas na Galiza -datos do Sergas deste 27 de xaneiro-, o que fai unha media de 66 contaxios á hora, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, aseverou no Parlamento que a “Galiza é un dos lugares máis seguros de Europa fronte á pandemia”, a pesar tamén de que os datos do Ministerio sinalan que a galega é a cuarta comunidade do Estado en número de contaxios, só por detrás de Madrid, Castela A Mancha e Castela e León. 

Alumnado nunha aula de FP. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Rexistrados perto de mil contaxios nunha semana nas escolas e colexios galegos

Hai 3.400 casos de coronavirus e 160 aulas fechadas, así como 9 centros.

Enfermeira no quirófano (Ariadna Creus e Àngel García/Banc d'Imatges Infermeres).
SOCIAL

O xefe de Cirurxía Xeral alerta que no Chuac "costa manter" as operacións urxentes e oncolóxicas

Deixáronse de atender xa as operacións de carácter ordinario.
O tanatorio terá que ser desinfectado (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A pandemia deixa un 'exceso de mortes' de 2.190 persoas na Galiza até o 10 de xaneiro

A cifra de persoas falecidas aumentou na Galiza un 6,28% en 2020 respecto ao ano anterior
Pleno del Parlamento.
POLÍTICA

Feixoo carga contra os que piden o confinamento e BNG e PSOE ínstano a asumir a "gravidade" da situación

O presidente rescata na súa comparecencia no Parlamento o argumentario da extrema dereita que vinculaba a expansión en marzo da Covid co 8-M.

Persoal sanitario atende na UCI un paciente de Covid-19 (Europa Press).
SOCIAL

A pandemia non dá tregua: 66 contaxios cada hora

Máis de 21.000 casos activos e o número de ingresos hospitalarios aumenta en 70 persoas nunha soa xornada.

mapa
SOCIAL

Cambios na evolución da Covid: Aquí podes ver os datos do teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 27 de xaneiro no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Parella _ mocidade
SOCIAL

As parellas que non convivan poderán verse nestas semanas de restricións

A Xunta crea a "unidade de convivencia ampliada", que lles permitirá saltarse a norma de que só están autorizadas interaccións sociais con convivintes baixo o mesmo teito. O DOG tamén establece que durante estas semanas de semiconfinamento pode irse a cultos relixiosos ou de caza de xabarín e lobro. 

Un comité político

Persoal sanitario. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"Hai pacientes que tratamos de manter en planta para non colapsar a UCI"

A presión hospitalaria mantese á alza na Galiza con máis de 1.200 persoas ingresadas en centros sanitarios pola Covid. As Unidades de Coidados Intensivos están a pique de superar a ocupación da primeira vaga.