EUA

Tran_To_Nga-vietnamexpress
INTERNACIONAL

Desbotada en Francia a demanda por uso de "axente laranxa" no Vietnam

A demandante, unha muller que di ter graves danos, acusou a máis dunha ducia de empresas.
EuropaPress_3529723_21_january_2021_us_washington_us_president_joe_biden_signs_executive_orders
INTERNACIONAL

Liberar patentes, tiro ao aire de Biden

O Goberno dos EUA lanzou o guante e a Comisión Europea recolleuno hoxe, con educación máis sen convicción, dicindo que a UE estaría disposta a negociar a proposta de liberar as patentes das vacinas contra a Covid-19. O fin último é acabar coa pandemia canto antes sen deixar ninguén atrás, mais os expertos son escépticos co anuncio.
Buques dos Exércitos dos EUA e Marrocos desde o portavións que encabezou as manobras. (Foto: Pinske / US Navy)
INTERNACIONAL

O Goberno español descoñecía as manobras militares dos EUA

O Goberno español traslada aos EUA o seu malestar por non ter coñecemento dos exercicios militares conxuntos con Marrocos que se desenvolveron no limiar da zona aérea do Estado. Segundo o control aéreo de Canarias, ficaron en risco avións comerciais, un dos cales tivo que activar o sistema especial para evitar colisións.
 

Imaxe dunha vacina de AstraZeneca. (Foto: Matthias Bein / dpa-Zentralbild / dp)
INTERNACIONAL

Estados Unidos apoia liberar as patentes das vacinas contra a Covid-19 e a UE di agora que o estudará

A administración Biden móstrase partidaria de suspender temporalmente as patentes. Após o anuncio estadounidense, os líderes da UE abordarán o asunto na cimeira de  Porto

Neocapitalismo

Joe Biden (Imaxe: Europa Press)
star
ECONOMÍA

Biden impugna o neoliberalismo, a UE adormece

A nova política económica da administración estadounidense: En só tres meses John Biden emendou o neoliberalismo. O Plan de rescate da pandemia inxectará 1,9 billóns de dólares en transferencias aos fogares, prestacións por desemprego, subvencións a alugueiros e gastos médicos, e transferencias incondicionais de até 300 dólares mensuais por meniño. O Plan de emprego prevé investir 1,9 millóns en rehabilitación de infraestruturas, investigación, enerxías renovábeis, transporte público, vivenda, saúde e prestación de coidados. Financiaranse mediante a emisión de débeda pública e novos ingresos fiscais.
EuropaPress_3556913_mujer_recibe_vacuna_china_contra_coronavirus_centro_salud_sao_paulo_brasil
INTERNACIONAL

Brasil avanza na suspensión das patentes das vacinas da Covid-19

O Senado aproba a norma, que agora irá ao Congreso. Biden, nos Estados Unidos, tamén baralla a posibilidade.
Unha das reportaxes do caderno 'Producir'. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Unha ollada á realidade económica e social da man do 'Producir'

O caderno, que atoparás no Nós Diario de mañá, conta con sinaturas de prestixio para analizar as eleccións madrileñas, a política económica dos EUA, as consecuencias do "espolio eólico" na Galiza ou a falta de participación social nas decisións da Administración. Tamén incorpora varios artigos de opinión que invitan a reflexionar.
Protesta do persoal traballador contra Amazon. / Fibonacci Blue
star
Primeiro de Maio

Loita sindical nos Estados Unidos: o caso de Amazon

Nunha data como o 1º de maio, cómpre non esquecer as condicións dos traballadores e traballadoras arredor do mundo. Moitos medios de comunicación destacaban hai unhas semanas que un colectivo traballador de Amazon nos Estados Unidos rexeitou ter representación sindical. As novas eran unánimes en cualificar como sorpresa o resultado da votación. Porén, o realmente sorprendente sería que tivesen éxito. As normativas laboral e sindical e a potente "industria antisindical" estadounidense fan que moi raramente se consiga o recoñecemento dun sindicato no lugar de traballo. De feito, entre 2000 e 2018, unicamente o 9,8% dos intentos realizados resultaron positivos. 
aldo_moro
INTERNACIONAL

Francia detén seis ex Brigadas Vermellas

Aplicación intermitente da "doutrina Mitterrand" por parte do Elíseo.
Misil nuclear intercontinental dos Estados Unidos de América (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O gasto militar mundial medra 1,6 billóns de euros a pesar da Covid

Os Estados Unidos de América acaparan máis de 60% do gasto armamentístico mundial.

Desigualdade humana

Dimitri Medvedev, vicepresidente do Consello de Seguridade ruso (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O clima da guerra fría volve marcar as relacións entre Rusia e os Estados Unidos

As tropas rusas inician o repregamento na península de Crimea.
Protesta contra a violencia policial contra os afroamericanos en Estados Unidos hai dúas semana. Foto:
INTERNACIONAL

A condena ao policía que matou a Floyd non remata coa supremacía branca

O veredicto de culpabilidade contra Derek Chauvin, o policía que matou a George Floyd, supón a primeira condena contra un policía branco en acto de servizo no estado de Minnesota. Mais para organizacións como Black Lives Matter non supón un cambio substancial, "a supremacía branca existe", recorda nun comunicado.
dpatop - 01 June 2020, US, New York: A woman poses with a Black Lives Matter sign during a protest following the violent death of the African-American George Floyd by a white policeman in Minneapolis. Photo: Joel Marklund/Bildbyran via ZUMA Press/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

dpatop - 01 June 2020, US, New York: A woman poses with a Black Lives Matter sign during a protest following the violent death of the African-American George Floyd by a white policeman in Minneapolis. Photo: Joel Marklund/Bildbyran via ZUMA Press/dpa

1/6/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
INTERNACIONAL

EUA: O policía acusado da morte de George Floyd é declarado culpábel de todos os cargos

Agora o xuíz dispón de oito semanas para determinar a condena.

 

O presidente chinés, Xi Jinping (Foto: Li Gang / Contactophoto)
INTERNACIONAL

Xi pide unha orde mundial xusta mentres medra a tensión cos EUA

O presidente chinés declara que "nunca" buscará a hexemonía non expansión da China no mundo.
jansen
INTERNACIONAL

Estados Unidos recomenda suspender a vacinación con Janssen após detectar seis casos de trombos

Dúas axencias de saúde pública,  CDC e a FDA, piden suspender a vacinación con este medicamento até que haxa máis investigacións

EuropaPress_3640525_11_april_2021_us_brooklyn_center_protester_sits_on_the_ground_in_front_of
INTERNACIONAL

Daunte Wright, falecido pola "confusión" entre arma e táser

Novo mozo negro abatido pola Policía en EUA.
daunte-wright-afroamericano EUA
INTERNACIONAL

Nova vaga de protestas en EUA tras un novo asasinato dun mozo negro pola policía

Daunte Wright, de vinte anos, foi tiroteado nun control de tráfico na cidade de Brooklyn Center, perto de Minneápolis.· O alcalde da cidade decretou o toque de queda para deter as protestas

viena_acordo_nuclear
INTERNACIONAL

A UE intercede para asegurar a volta dos EUA ao acordo nuclear iraniano

A comisión conxunta sentou na mesma mesa en Viena as delegacións do Irán, dos Estados Unidos, de Rusia, da China, de Francia, do Reino Unido e de Alemaña.