Goberno español

grafico-para-web
É o sexto territorio en achega ao PIB e quinto en peso poboacional

A asignación de fondos europeos por habitante sitúa a Galiza en décimo posto

O Goberno español leva asignados ás comunidades 11.200 millóns de euros dos fondos europeos destinados á recuperación da crise xerada pola Covid. A Galiza recibiu até o de agora 681 millóns de euros,  coa porción máis grande para a 'Transición verde' (318 millóns). A Galiza é o décimo territorio en fondos por persoa: 253 euros.
Imaxe de arquivo de Pablo Iglesias nun acto de Unidas Podemos. (Foto: I. Infantes / Pool / Europa Press) #pabloiglesias #instituto25m #unidaspodemos
INTERNACIONAL

Pablo Iglesias, Gallardón e de Guindos, entre os 23 ex ministros aos que o Goberno español concede a Orde Carlos III

O Consello de Ministros aprobou esta terza feira conceder a Gran Cruz da Real e Distinguida Orde Española de Carlos III a 23  ex ministros e ministras
Nadia Calviño na comisión mixta para a Unión Europea. (Foto: E. Parra / Europa Press)
INTERNACIONAL

A galega Nadia Calviño presidirá o organismo reitor das políticas do FMI

Relevará á primeira ministra de Suecia, Magdalena Andersson, e non terá que deixar o seu posto no Goberno español.
[Imaxe: Adra Paixón] O Concello borrou o primeiro mural pintado por Lugo Sen Mordazas.
INTERNACIONAL

O Goberno español propón agora adaptar as multas da lei mordaza aos salarios dos sancionados

Pide unha redución do 50% da multa para os que gañen menos de 1,5 veces o salario mínimo.

 

Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)
ECONOMÍA

O Goberno español quere rebaixar as multas a empresas se admiten as irregularidades

O novo procedemento de transacción habilita reducións de até o 15% da sanción.

Estado este 26 de agosto do encoro de Portomarín (Arxina)
POLÍTICA

PP e BNG exixen actuar de maneira urxente nos encoros

A formación nacionalista pide sancións para as electricas mentres que o PP centra a culpabilidade da situación no Goberno español. 
Raquel Sánchez, José Luis Ábalos e Reyes Maroto. (Foto: Goberno de España)
Análise

A remodelación de Sánchez chega á Galiza

A crise de Gabinete promovida por Pedro Sánchez terá seu impacto na Galiza. Por unha banda, os cambios afectan a algúns dos Ministerios con máis proxectos e compromisos pendentes. Por outra, crúzase co proceso de renovación orgánica que vive o PSdeG. Os próximos meses coñecerase 
o seu alcance.
A ministra de Traballo e vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press) #yolandadíaz #gobernoespañol #pedrosánchez #unidaspodemos #reestruturación #ministros #ministerios
INTERNACIONAL

Yolanda Díaz, que ascende no novo Goberno español, ve un cambio para "fortalecer" a coalición

A líder de Unidas Podemos dentro do Executivo do Estado, que logrou manter todos os ministerios que ostenta o partido intactos, afirmou que "o futuro escríbese coa forza das mulleres, das persoas traballadoras e profesionais que cada día fannos crecer, sobre as ás das ideas e da diversidade".
Carmen Calvo, xunto a Pedro Sánchez e Nadia Calviño, nunha sesión do Congreso. (Foto: E. Parra / Europa Press)
INTERNACIONAL

A remodelación do Goberno español de Sánchez fulmina sete ministras e ministros

O presidente do Executivo estatal, Pedro Sánchez, anuncia unha profunda reestruturación da súa equipa. Tanto é así que a vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, é un dos descartes. Porén, as galegas Nadia Calviño e Yolanda Díaz ascenden ao facerse cargo das vicepresidencias primeira e segunda, respectivamente. Ademais, Unidas Podemos non perderá cota.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez (Imaxe: Europa Press).
star
ECONOMÍA

Prospectiva e estratexia España 2050: Os eixos das orientacións fixadas

Xa nos estaba tardando que o Goberno iniciara un cadro estratéxico prospectivo co que orientarnos nun horizonte de 30 anos, e que o faga coa mira de ser amplamente discutido e concordado no posible. Moi importante tamén que se dotara dunha instancia burocrática que lle dera soporte, responsabilidade e rendición de contas: a Oficina Nacional de Prospectiva e Estratexia, de Presidencia.

DI

Protesta contra o Pacto de Toledo en Vigo (Modepen)
SOCIAL

Centos de persoas secundan as protestas contra a "privatización" de pensións

Colectivos de pensionistas maniféstanse en Vigo, A Coruña e Ribadeo coincidindo coa mobilización a nivel estatal.

9 de maio

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, nunha recente intervención no Congreso das Deputadas (Foto: R. Rubio / Europa Press).
ECONOMÍA

O Goberno español quer elevar a base máxima de cotización de maneira gradual, ao longo de 30 anos

O período de cálculo adaptarase progresivamente ás novas carreiras laborais desde 2023 e o novo RETA despregarase a mediados de 2022.

Representantes de Alu Ibérica ante a subdelegación do Goberno do Estado español na Coruña. (Foto: Comité de empresa)
TRABALLO

O comité de Alu Ibérica exixe ás administracións a continuidade

A representación sindical do persoal da factoría coruñesa pide que se garanta a viabilidade industrial da empresa.
O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (esquerda) e o delegado da CIG en Alcoa, Xosé Paleo (no centro) (Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

Conta atrás na venda de Alcoa en Cervo

A reunión multilateral entre a multinacional, o Ministerio de Industria, a Xunta, os sindicatos e o comité de empresa marca o prazo de acordo no día 30 de abril. 
galego
LINGUA

A Mesa pide ao Goberno español que “retire o aval” á política lingüística do PP na Galiza

Di que o Ministerio de Política Territorial apoiou a política da Xunta cara ao galego na resposta oficialás reclamacións do Consello de Europa polo incumprimento da Carta Europea das Linguas.
 

O arrastreiro Venturer (Cedida)
TRABALLO

Sen noticias do buque galego en corentena por Covid no Brasil

As familias da tripulación do arrastreiro Venturer están molestas coa Administración española e coa compañía propietaria da embarcación pola falta de información. 
EuropaPress_3485280_jefe_estado_mayor_defensa_miguel_angel_villarroya_ministra_defensa
POLÍTICA

O Jemad pide ao Goberno español ser cesado pola polémica vacinación

Horas antes foi cesado o tenente coronel da Garda Civil que, integrado no Estado Maior da Defensa, fora inoculado contra a Covid-19 canda outros altos mandos militares.

En Compostela, manifestación convocada pola Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela para pedir a reapertura da hostalaría (Arxina)
ECONOMÍA

Hostalaría e comercio consideran "un insulto" e "insuficentes" as medidas

Esta quinta feira entra en vigor o Decreto-lei de apoio ao comercio, á hostalaría e ao turismo que aprobou o Goberno español. Na Galiza, desde estes sectores rexeitan unhas medidas que non contemplan nin axudas directas nin a paralización de taxas e impostos. Pola contra, cren que os "endebeda" máis de cara a 2021.