incendios

incendio lume foto de @briftabuyo
SOCIAL

Tres días e máis de mil hectáreas queimadas

Na mañá deste domingo permacece activo o lume de Ribeira-Porto do Son, que afectou 175 hectáreas e están controlados o de Zas (21 Has.), Monforte (465 Has.) e Lobeira (150).

Ribeira incendio @incendiosgalic1
GRAN PARTE DA GALIZA EN RISCO EXTREMO DE INCENDIO FORESTAL

Cara ás mil hectáreas queimadas na primeira vaga de incendios de verán

A Xunta incide na intencionalidade dos lumes destes días. Un incendio na madrugada deste sábado en Ribeira afecta 175 hectáreas e obrigou cortar ao tráfico a estrada que comunica con Porto do Son. Desde a quinta feira houbo por volta de 40 incendios no noso país.

EDyD4l8WwAA8PDk
SOCIAL

O incendio de Fisterra queimou xa 130 hectáreas

Comezou na parroquia de Sardiñeiro e continúa activo. Os fortes ventos do nordés facilitaron a propagación do lume.

incendio imaxde de BRIF Tabuyo
SOCIAL

A Xunta dá por estabilizado o incendio de Monforte, o maior deste verán

Entre a madrugada da quinta e da sexta feira houbo na Galiza 23 focos. A primeira vaga de lumes do verán queimou xa unhas 600 hectáreas, sendo os de Monforte e Porto do Son os máis importantes. En Sardiñeiro (Fisterra) un incendio orixinado nas últimas horas afecta xa 40 hectáreas.

incendio imaxde de BRIF Tabuyo
SOCIAL

A Xunta dá por estabilizado o incendio de Monforte, o maior deste verán

Desde a madrugada da quinta feira houbo na Galiza 23 focos. A primeira vaga de lumes do verán queimou máis de 500 hectáreas, sendo os de Monforte e Porto do Son os máis importantes. En Sardiñeiro (Fisterra) un incendio orixinado nas últimas horas afecta xa 40 hectáreas.

incendios monforte foto de @incendiosgalic1
Galiza está hoxe en risco extremo de incendios forestais

Un voraz incendio en Monforte centra a preocupación nunha xornada de lumes na Galiza avivados polo nordés

O incendio orixinado na parroquia de Seoane (Monforte) obrigou cortar vías de comunicación e evacuar varias persoas de Vide. En pouco máis de 4 horas queimou 350 hectáreas. O outro foco de preocupación está en Porto do Son.

incendio cenlle @briflaza
SOCIAL

O incendio de Cenlle continúa activo

Orixinouse na tarde desta cuarta feira na parroquia de Barca de Barbantes e queimou xa 35 hectáreas.

O convenio de Medio Rural e Defensa para a prevención de incendios

Arde a Amazonia
Bolsonaro culpa as ONG

Os lumes avanzan pola Amazonia

A peor vaga de lumes dos últimos anos está destruíndo a Amazonia mentres o presidente do Brasil, o ultradereitista Jair Bolsonaro, culpa as ONG de causaren a catástrofe ambiental. A NASA divulgou imaxes realizadas polos seus satélites onde se aprecia o alcance dos lumes. A esquerda denuncia Bolsonaro por eliminar todas as políticas ambientais presentes na Constitución.

DGC-140919-centinela-gallego-01-g
Comeza a operación "Centinela gallego"

A Xunta concédelle 470.000 ás Forzas Armadas para a loita contra os lumes

Como cada verán desde hai máis dunha década, a Xunta de Galiza, a través desta volta da Consellería de Medio Rural, asinou un convenio de colaboración co Ministerio de Defensa para a prevención e loita contra os lumes no país. A operación "Centinela gallego" arranca hoxe e prolongarase até finais de setembro. As Forzas Armadas ingresan así 470.000 euros
DGC-140919-centinela-gallego-01-g
Comeza a operación "Centinela gallego"

A Xunta concede 470.000 ás Forzas Armadas para a prevención dos lumes

Como cada verán desde hai máis dunha década, a Xunta de Galiza, a través desta volta da Consellería de Medio Rural, asinou un convenio de colaboración co Ministerio de Defensa para a prevención e loita contra os lumes no país. A operación "Centinela gallego" arranca hoxe e prolongarase até finais de setembro. As Forzas Armadas ingresan así 470.000 euros
Miguel Uclés, representante da CIG no comité de empresa de bombeiros en Vigo
Miguel Uclés, delegado sindical dos bombeiros de Vigo

"Esta semana houbo compañeiros que fixeron 120 horas en tan só sete días"

A primeira folga indefinida no sector bombeiro de Vigo arrincou esta cuarta feira 14 de agosto convocada polos sindicatos CIG e CUT esixindo máis prazas e recursos. Apresentarán esta mesma mañá unha denuncia en Inspección de Traballo contra o Concello de Vigo por manter un decreto que está obrigando a varias persoas deste servizo a realizar até 120 horas laborais á semana, con xornadas superiores ás 48 horas. Miguel Uclés, representante da CIG no comité de empresa do servizo de bombeiros de Vigo conversa con Sermos Galiza sobre a precariedade laboral e a perigosidade que esta situación entraña para a cidade.

AlUME3
SOCIAL

Denuncian falta de persoal no operativo contraincendios da Xunta en plena tempada de alto risco

CIG reclama a cobertura de todas as prazas mediante persoal das listas de contratación.

bombeiro portugal
A adquisição foi feita a empresas próximas ao PS

Escândalo em Portugal pela compra de material não ignífugo na luta anti-incêndios

Golas [panos que cobrem a boca] de poliéster, material inflamável, foram compradas por Proteção Civil a empresas próximas a dirigentes do Partido Socialista. O escândalo, revelado pelo jornal Público, já se saldou com primeira vítima política, a de Francisco Ferreira, adjunto à Secretaria de Estado de Proteção Civil.
quiroga incendio montefurado
SOCIAL

Estabilizado o incendio de Montefurado, que queimou 150 hectáreas

Para combater o lume interviron medios terrestres e aéreos.

Canadair na terza feira pola tarde sobre o encoro de Cabril. Incendio Portugal. Xuño de 2017
INTERNACIONAL

Portugal logra estabilizar os incendios desta fin de semana, que arrasaron 8.500 hectáreas

Fican focos activos que están a ser ‘atacados’ por un operativo que mobilizou máis de mil persoas en Vila de Rei, Mação e Sertã. O lume obrigou evacuar varias aldeas e fixo revivir os medos de 2017. Alerta máxima nunha segunda feira de elevadas temperaturas que pon 40 municipios lusos en alto risco de incendio. 

19-07-18 RoldaPrensaMonteGalegoFuturoOurense02
Pladiga

Entidades e colectivos denuncian a “estafa” do plan de prevención de lumes da Xunta

A plataforma Por un Monte Galego con Futuro, que agrupa diversas entidades ecoloxistas, agrarias e sindicais galegas, denuncia “a propaganda institucional da Xunta arredor do Plan de prevención e defensa contra incendios forestais da Galiza 2019 (Pladiga). Desde a plataforma consideran que o goberno galego leva 12 anos sen traballar en prevención de incendios e acúsano de fomentar a extinción fronte a prevención dos lumes.

rianxo lume incendio Foto de A.P.
Solicitan primar a prevención

A Galiza entra en alto risco de incendios con críticas á Xunta por parte dos efectivos de extinción

Co inicio do mes de xullo arrinca a campaña de alto risco de incendios forestais na Galiza que se estenderá até o vindeiro 30 de setembro. Traballadoras e traballadores dos servizos de extinción de incendios lamentan a perda de 150 efectivos menos este ano e apuntan a necesidade dun cambio de modelo onde se prime a prevención.

chavasqueira incendio
SOCIAL

Un incendio calcina as termas da Chavasqueira en Ourense

O lume iniciouse sobre a unha da mañá e en menos dunha hora arrasou as instalacións.

D4NsR-QWwAAVpis
ÚLTIMA HORA

Grande incendio na catedral de Notre Dame

Un dos edificios máis emblemáticos da capital francesa está a ser devorado polo lume nun incendio que se declarou na tarde desta segunda feira e cuxa orixe descoñécese.