Durante os tres primeiros meses do ano, Galiza rexistrou 585 incendios forestais, segundo os datos achegados ao pleno do Parlamento desta semana polo conselleiro de Medio Rural, José González.
O último grande incendio en Galiza afectou a Dodro e Rianxo, onde arrasou máis de 1.120 hectáreas en tan só 40 horas. Foi o incendio máis devastador no último ano e medio que padeceu Galiza.
Durante a sesión plenaria desta semana do Parlamento Galego, o deputado de En Marea Davide Rodríguez, interpelou ao conselleiro sobre as condicións dos traballadores e traballadoras de prevención e extinción de incendios.
O deputado do BNG, Xosé Luis Rivas 'Mini', trasladou a preocupación do grupo nacionalista ante a posibilidade de que a revisión do plan forestal do goberno prevea un aumento da superficie destinada a eucaliptos