14/xul./13 4:15
Desta maneira e diante diso, as ( e os) e xa cos aguantes nos límites, coas paciencias e soportares ao raiar de se saíren de nai , collen e din que así non, e fan o que se debe. Daquela no explícito que marcan os manuais faes dirixentes , “ as e os de sempre” son chamados de todo e sinálanos culpables de moito máis aínda. Elas e eles , así llelo queren transmitir ás súas parroquias, son quen fomentan a tolería do desgoberno, a sinrazón e sen cortarse nada investidos de non se sabe, afirmar que elas e eles actuado así na rúa e no Parlamento feren o ser puro e limpo do esencial democrático. Que así non pode ser e que hai que tomar medidas. Vamos, e digámalo claro, que elas e eles nas súas intervencións, ao ir das verdades, son quen lles molestan. Fanos pruir nos escanos e poñer a nervios nos despachos. Elas e eles, esas e eses,“ as e os de sempre”. Claro, mirade vós, mismamente porque non queren que nada se peche en falso e pola contra esixen ( e na luz para todas e para todos) que cada quen apande co que debe . pois os do goberno en Galicia ( e derivacións) teñen moito e ben cualificado co que apandar.