Análise
Crónica dunha volta anunciada en Ourense
10/feb./21
O PP anunciou a súa incorporación "temporal" á xunta de Goberno para evitar unha "parálise". O retorno non sorprendeu ninguén na cidade de Ourense.
POLÍTICA
O PSOE ourensán avala a moción de censura en Ribadavia
09/feb./21
O grupo socialista municipal e Ribeiro en Común anunciaron onte a presentación dunha moción de censura contra o Goberno do Partido Popular por supostos incumplimentos dos compromisos acadados coa veciñanza.
POLÍTICA
O PP acepta a oferta de Jácome e únese "de forma temporal" a xunta de Goberno de Ourense
08/feb./21
O Partido Popular, que rachou o pacto con Democracia Ourensá o ano pasado, alega que a súa intención é "evitar a parálise" do Concello pola baixa de Telmo Ucha debido á Covid-19. Coa corentena do edil, o Goberno local quedou reducido a dúas persoas: Armando Ojea e o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
POLÍTICA
Moción de censura en Ribadavia
08/feb./21
Os sete concelleiros de Ribeiro en Común e o PSOE veñen de acordar esa estratexia para apear a César Fernández Gil do cargo. Este viña dirixindo o municipio en minoría e coa moción queren que Noelia Rodríguez asuma a xestión do Concello.
POLÍTICA
Gamarra asegura que Casado é "implacábel" contra a corrupción e que o actual PP non ten "nada que ver" con Bárcenas
06/feb./21
Gamarra contestou así ao ser preguntada sobre se a confesión de Bárcenas en relación co presunto pago con diñeiro 'b' das obras na sede do partido pode enturbar o labor de oposición que leva adiante o PP.
POLÍTICA
O PP mira cara ao Estado ante a crise da hostalaría
05/feb./21
O PP galego reivindica axudas directas para o sector da hostalaría e o turismo ao Executivo estatal, mentres entidades da hostalaría e a oposición cualifican de "insuficietes" as axudas da Xunta e reclama indemnizacións. A Deputación de Pontevedra anunciou esta sexta feira, 5 de febreiro, 1,6 millóns para os concellos ofreceren axudas directas.
POLÍTICA
Feixoo defende a "honorabilidade política" de Rajoy após as acusacións de Bárcenas
04/feb./21
Estas declaracións responden ás preguntas das xornalistas sobre o escrito do ex tesoureiro do PP que acusa a Mariano Rajoy de ter eliminado documentación coa suposta contabilidade en B da formación política.
INTERNACIONAL
Bárcenas: “Rajoy destruíu papeis da caixa B sen saber que tiña unha copia”
03/feb./21
O ex tesoureiro del Partido Popular, que está na cadea, someterase a un novo xuízo na Audiencia Nacional en cinco días.
POLÍTICA
Feixoo dará conta da xestión da terceira vaga
02/feb./21
A Xunta de Portavoces conclúe coa comparencia de Feixoo, no pleno dos días 9 e 10, para dar conta da xestión da terceira vaga da Covid-19 e dos fondos europeos Next Generation.
Análise
Feixoo ambiciona substituír a Casado
02/feb./21
O salto do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feixoo, á xefatura estatal do PP depende dos resultados das eleccións catalás e dos erros de Pablo Casado
POLÍTICA
A alcaldesa de Boimorto pide a baixa do PP pero mantén o cargo malia o escándalo por vacinarse
29/xan./21
Distintos grupos políticos pediron a súa "dimisión" como rexedora por aproveitar a súa posición política para adiantarse á súa quenda no tratamento contra a Covid-19.
Denuncia Defende a Galega
A TVG obviou a noticia sobre a vacinación da alcaldesa de Boimorto, do PP
29/xan./21
"U-la nova da vacinación da alcaldesa de Boimorto? Non a vimos na TVG. Será porque é do partido que está na Xunta?". Así denunciaba na noite da quinta feira o colectivo Defende a Galega o "control político" ao que está sometida a CRTVG.
SOCIAL
A Xunta vacina contra a Covid-19 a unha alcaldesa do PP á que non lle correspondía nesta quenda
28/xan./21
A rexedora de Boimorto, a popular María Xesús Novo, explicou a elDiario.es que intentou resistirse a recibir a dose pero que a aproveitou porque lle dixeron que "se non habería que tirala". O BNG xa pediu explicacións por este feito "moi grave e inxustificábel" e a oposición en conxunto pide a dimisión.
POLÍTICA
O PP aproba a lei coa que bonificará os casinos
26/xan./21
O PP aproba en solitario no Parlamento a nova Lei de medidas fiscais e administrativas, que inclúe bonificacións para bingos, casinos e máquinas de xogo para compensar as perdas pola pandemia.
POLÍTICA
O presidente da Xunta non chama a líder da oposición "desde novembro"
24/xan./21
Ana Pontón nega que o BNG e o PP lle estean a facer unha 'pinza' ao PSOE, e que a verdadeira 'pinza' é a que "levan facendo moitos anos o Partido Popular e o Partido Socialista en contra dos intereses de Galiza".
SOCIAL
Entra en vigor a 'Lei Celáa' mais deixa as principais mudanzas para o curso que vén
19/xan./21
O PP anuncia un recurso contra a normativa diante do Constitucional
star
Murillo é deputada do PP no Parlamento da Galiza
A relación de Lupe Murillo co sector do xogo
16/xan./21
As relacións do Partido Popular e da patronal galega do xogo chegaron ao Parlamento. Mentres os grupos da oposición afean a conivencia entre a Xunta e o sector do xogo, os populares fan causa coas demandas da patronal do xogo. O PP prepárase para aprobar nas próximas semanas unha rebaixa de impostos sen precedentes para este sector na Galiza. Unha das deputadas que votará a favor da iniciativa é Lupe Murillo, esposa do presidente da patronal galega do xogo, Serafín Portas, e persoa politicamente moi próxima a Alfonso Rueda.