18-F | Debate
Como reverter a perda grave de falantes de galego? Estas son as propostas de PP, BNG e PSdeG
30/xan./24
O galego perde falantes. Enquisas e estudos sociolingüísticos trazan un escenario pouco alentador. A situación da lingua propia é preocupante, sobre todo, entre a poboación máis nova. Case a cuarta parte da xente moza, menor de 15 anos, declárase incapaz de falar galego. A transmisión interxeracional esmorece e o sistema educativo virou nun medio "hostil" e "desgaleguizador" para as crianzas, afirma a RAG. O futuro da lingua está en xogo. Que facer para reverter a mingua acelerada de falantes e consolidar o uso do galego en todos os ámbitos?