O PSdeG denuncia que a precariedade alcanza 26 por cento do persoal sanitario en Galiza
Julio Torrado, responsábel de Sanidade do grupo parlamentar socialista, únese á campaña en demanda dun novo centro de saúde en Barro.
Julio Torrado, responsábel de Sanidade do grupo parlamentar socialista, únese á campaña en demanda dun novo centro de saúde en Barro.
O PSdeG tamén esixe responsabilidades ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, porque “non ten capacidade xa de liderar o que precisa a sanidade galega”. O último dos episodios que levaron aos socialistas a esta posición, a morte dun paciente sen recibir atención médica no PAC da Estrada.
Despois de anos sen asistir, o ex presidente da Xunta e ex secretario xeral do PSdeG Emilio Pérez Touriño reapareceu no acto do PSdeG polo Día Nacional de Galiza. Touriño acompañou Gonzalo Caballero, actual líder socialista, na ofrenda a Castelao que o partido realiza tradicionalmente en Rianxo.
O seu nome soaba nas quinielas para formar parte do Executivo de Pedro Sánchez, con quen admite unha afinidade persoal e ideolóxica. Pilar Cancela (Stuttgart, 1967) presidiu a xestora do PSdeG, nomeada desde Ferraz, após a dimisión de José Ramón Gómez Besteiro e hoxe coordina as deputadas e deputados galegos do PSOE no Congreso. Recoñece que sería unha honra representar Galiza cun Ministerio, mais asegura que “as reivindicacións do PSdeG ao Goberno de Pedro Sánchez no que ten a ver con Galiza non van perder”. Eis un extracto da conversa publicada no número 304 de Sermos Galiza.
Foino case todo no PSdeG. Quince anos deputado no Hórreo, catro no Congreso, portavoz parlamentario dos socialistas galegos, durante uns meses delegado do Goberno en Galiza. Miguel Cortizo morreu esta terza feira aos 67 anos de idade.
Nun comunicado asinado polo deputado Raúl Fernández, o PSdeG afirma que a Xunta de Galiza adebeda máis de 20 millóns de euros ás empresas de transporte escolar. O motivo? Que desde 2013, o Goberno galego no actualiza o pagamento do IPC ás concesionarias.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, intentou colocar unha persoa da súa confianza
Nunha entrevista na SER-Galiza, e á hora de especular sobre a conformación do primeiro goberno de Pedro Sánchez, citou espontaneamente varios ministrábeis -desde Josep Borrell a Carmen Calvo- mais omitiu o nome de Pilar Cancela, a ex presidenta da xestora do PSdeG, próxima a Sánchez e que tamén figura nas apostas para facer parte do novo goberno.
En Galiza a taxa de abandono escolar temperá é de case 15%, menor que a media española mais catro puntos por riba da media europea.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos (PSdeG), acusa Manuel Martínez (PSdeG), quen até a cuarta feira ocupaba a Vicepresidencia do ente provincial, de ter “inquina co besteirismo”. “Iso é unha enfermidade psicolóxica ou psiquiátrica que hai que curar con tratamento deste tipo, psicolóxico ou psiquiátrico”, engade.
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá, voltou a votar co PP. Anuncia tamén que nas próximas eleccións municipais liderará unha candidatura independente.
Segundo o parlamentar Juan Díaz Villoslada, o presidente da Xunta tería destinado de xeito opaco case a metade da contratación anual a contratos menores
Hai unhas semanas, a deputada Concepción Burgo (PSdeG) puxo o foco sobre as maneiras en que a Xunta concedeu tres millóns de euros á unión temporal de empresas que xestionará o festival O Son do Camiño. “É un contrato a dedo non sabemos para facer o que”, pregúntase, e asegura que pode haber irregularidades legais. O episodio sérvelle, ademais, como exemplo do que critica na política cultural do Goberno galego: “As cousas non se poden facer así”. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 287.
O PSdeG critica a concesión "a dedo" de 3 millóns para o festival 'O Son do Camiño'. O BNG denuncia a falta de transparencia desta adxudicación e En Marea pon en dúbida a legalidade. A Asociación galega de empresas musicais estuda emprender accións ante as "fundadas sospeitas" dun contrato "preparado" para este festival.
Só a perdería se se reducise ao 3 por cento dos votos o limiar mínimo para obter representación. Nese suposto entraría Cs na cámara, con 3 parlamentares
Hai dous anos e medio que a socialista Carmela Silva (Vigo, 1960) tomou posesión como presidenta da Deputación de Pontevedra, despois dun pacto co BNG. Remataba así a longa hexemonía do PP, salferida de sospeitas sobre a legalidade de certas actuacións. “A maioría das obras en marcha da época Louzán tiñan gravísimas irregularidades”, asegura. Agora presume de políticas medio ambientais e de equidade. Eis un extracto da entrevista que publicamos no Sermos Galiza 282.
Unha soa lista optará a dirixir o PSdeG da Coruña. Encabézaa Eva Martínez, afín ao novo secretario xeral Gonzalo Caballero, e será sometida ao ditado da militancia hoxe sábado. Martínez substituirá a veterana dirixente coruñesa Mar Barcón.