Portos de Galiza, 76% das actuacións mediante contratos “sen garantía” nin “control”
Denunciouno no Parlamento o PSdeG.
Denunciouno no Parlamento o PSdeG.
O senador Ángel Mato será o candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol, mentres que o portavoz en Ourense, José Ángel García Barquero, encabezará as listas dos socialdemócratas na cidade das Burgas. Na Coruña mediranse nunha segunda volta José Manuel García e Inés Rey.
A militancia do PSdeG vota este domingo as candidatas e candidatos ás alcaldías dos concellos de máis de 20.000 habitantes. A ollada está posta na Coruña –con catro aspirantes–, Ferrol e Ourense –con dous cada unha–.
Propoñen unha listaxe de 44 comparecentes e un novo plan de traballo; e instan o PP a rectificar a “posición absolutista” que provocou o abandono pola oposición dese organismo parlamentar por entender que se baleiraba do seu obxectivo.
O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, será candidato á Xunta de Galiza. Así o proclamou oficialmente o PSdeG na mañá deste sábado. O Partido Socialista é a primeira das catro formacións parlamentarias en designar candidato a uns comicios que, en principio, serán en 2020.
Acordo en Compostela sobre o candidato socialista ás municipais, mentres que na Coruña, Ferrol ou Ourense decidirase en primarias quen serán os cabezas de lista.
Con apenas 196 entrevistas realizadas no conxunto do país, o propio instituto demoscópico alerta de que a marxe de erro é moi considerábel, arredor de 7,1 por cento. Os datos son por tanto relativamente pouco indicativos. Mostran, iso si, certas tendencias: o ascenso claro do PSdeG, a división no campo da dereita e a caída de En Marea. O BNG non aparece no estudo por ser neste momento, e no ámbito estatal, forza extraparlamentar.
Os nacionalistas critican que se lles “exclúa” da delegación que defenderá no Congreso a transferencia da autoestrada: “Asumen a defensa grupos que vetaron o debate, que subiron as peaxes ou que son incapaces de vincular o rescate da AP9 o seu apoio aos orzamentos do Estado", criticou a portavoz nacionalista, Ana Pontón.
A defensa dunha aplicación “real e efectiva” da Lei Paz Andrade, que procura a estensión no país de lingua e cultura da lusofonía, foi unha das que logrou o aval das catro forzas.
O portavoz do PSdeG acusa Feixoo de non dar resposta a “ningún” dos grandes problemas do país.
O veto do PP en tempos do Goberno Raxoi abocou as forzas con representación no Pazo do Hórreo a renunciar á hipótese do rescate da infraestrutura, con vistas a que a formación conservadora acabase aceptando o debate da iniciativa no Congreso. Nen así funcionou. Agora o PSOE levanta o veto, mais non contemplaría en principio o escenario da xestión directa por parte do sector público, previa revocación da concesión, en mans do grupo Itínere.
Julio Torrado (Vilagarcía de Arousa, 1982) é o portavoz de Sanidade do grupo parlamentario do PSdeG. “Queremos deitar luz sobre as retalladas”, di a respecto da comisión parlamentaria de investigación sobre a materia pactada por socialistas, En Marea e BNG. Celebra o acordo dos tres partidos da oposición, pero lembra que as coincidencias “son habituais”.
A sanidade é o campo no que a oposición está disposta a erosionar o Goberno Feixóo nos primeiros compases do curso político. Após pactar con En Marea e BNG a constitución dunha comisión de investigación sobre a xestión sanitaria do PP, Gonzalo Caballero cargou este sábado contra a Xunta do PP, á que atribuíu a "desfeita" do servizo público.
Os socialistas súmanse á proposta formulada esta cuarta feira na sesión de control ao presidente por nacionalistas e ‘confluentes’. Feixóo lembra que o tema xa está en mans de Inspección Sanitaria.
Transmitir imaxe de partido de goberno á fronte dunha coligación plural e, de paso, proxectar tamén a súa propia figura. Eses foron os obxectivos que animaron Gonzalo Caballero a manter este sábado en Caminha un encontro co líder do Partido Socialista portugués e primeiro ministro do país luso, António Costa.