A oposición coincide en que o discurso de Feixoo mostra un proxecto “baleiro” e “esgotado” para Galiza
Dúas horas de discurso do presidente da Galiza que non convenceron a oposición parlamentar, que coincidiu en salientar que o futuro do país non pode pasar por Núñez Feixoo. “Non ten nada a ofrecer”, reprochoulle Ana Pontón. “Non ten nada que mostrar”, manifestou Gonzalo Caballero. Antón Sánchez destacou que o propio Feixoo dixera que era o seu “derradeiro” discurso, “non último, derradeiro”; e Luís Villares advertiu de que o discurso foi unha “cortina de fume”.