Xoaquín Fernández Leiceaga
Erik Dobaño
28/nov./19 7:48
Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961), doutor en Economía, profesor titular na USC. Participou no BNG entre 1982 e 2002. É autor, entre outros estudos, de Estrutura económica de Galiza xunto a Edelmiro López Iglesias. Incorporouse ao PSdeG en 2003 como concelleiro no Goberno municipal de Compostela. Parlamentario galego no Grupo Socialista desde 2005. Foi candidato á Presidencia da Xunta en 2016. Deixou o escano no Parlamento galego esta semana para incorporarse ao Senado en Madrid. A súa acta pasa a Encarna Liñeiro Pousa, de Camariñas, que se estreará no pleno a primeira semana de decembro. Eis un estrato da entrevista publicada no número 374 do Sermos Galiza.