As persoas que encabezarán as candidaturas do PSdeG polas catro circunscricións galegas para as eleccións do 10 de novembro serán as mesmas que as que o fixeron nos anteriores comicios estatais, en abril pasado. Así o anunciou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que indicou que as listas serán as mesmas que na anterior convocatoria agás algunha modificación “puntual”.
Pilar Cancela liderará a lista do PSdeG pola Coruñanunha lista na que en abril ía seguida por Pablo Arangüena e a concelleira socialista Montse García. Olga Alonso, concelleira en Vigo, será a número 1 por Pontevedra. Marina Ortega fíxoo por Ourense e Ana Prieto por Lugo.
Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense).
Nas eleccións estatais de abril pasado o PSdeG foi a forza máis votada na Galiza, obtendo 32% dos votos e atinxindo 10 deputados e deputadas.