Sanidade

Non podo máis

Residencia Santa Teresa de Jornet, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Covid: Sanidade comunica 24 novos pasamentos decorridos ao longo desta fin de semana

Na xornada de hoxe contabilizáronse un total de cinco vítimas do virus, se ben a Xunta tamén tivo confirmación de que varios 19 óbitos acaecidos entre a sexta feira e o domingo foron provocados pola pandemia.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sanidade non descarta endurecer as restricións en Vigo e Pontevedra

A evolución epidemiolóxica negativa das cidades sen nivel máximo de restricións pode levar ao Comité Clínico a recomendar medidas de prenvención máis severas.
Salvador Illa (Foto: R. Rubio / Europa Press).
SOCIAL

Illa descarta o confinamento domiciliario e abre a porta a revisar o toque de recoller

O ministro de Sanidade asegura que, malia o recorte na subministración de doses da vacina anunciado por Pfizer de cara a semana que vén, a inoculación das persoas que recibiron a primeira está garantida.
Un paciente nun centro hospitalario de Madrid. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Sanidade notifica un novo repunte nos falecementos, que hoxe chegaron a 14

Oito dos pasamentos comunicados polas autoridades sanitarias decorreron ou tiveron relación coas residencias de maiores, novamente afectadas por esta terceira onda da pandemia. O país abeira as 1.500 persoas mortas polo virus.
Entrada da UCI no clínico. O persoal ten que deixar as súas máscaras en bolsas penduradas da parede (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
SOCIAL

Piden a paralización da actividade na UCI de Compostela tras detectarse "un risco importante na exposición á Covid"

A CIG-Saúde vén de presentar unha denuncia ante a Inspección de Traballo para que requira á Xerencia da área sanitaria de Compostela-Barbanza o cumprimento da normativa de prevención. O sindicato pide a paralización inmediata na UCI de persoas adultas do CHUS “mentres non se garanta a seguridade de profesionais e doentes”.

Unha persoa é trasladada a un centro hospitalario contaxiada pola Covid-19. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sanidade suspende cirurxías en Compostela, Ferrol e na Coruña ante a previsíbel falta de camas

A Consellaría de Sanidade deu a orde esta semana de suspender ou reprogramar operacións non urxentes en Compostela, Ferrol e na Coruña debido á preocupante situación que atravesan os hospitais.

Alberto Núñez Feixoo, esta quinta feira, presidindo o Consello de Goberno da Xunta (Foto: Arxina).
Asegura que todas as decisións foron validadas polo comité

Feixoo di que as medidas do Nadal precisaban do "autocontrol"

A Xunta defende as concesións feitas durante o Nadal porque eran "proporcionadas" e "foron validadas polo comité clínico", mais recoñece que non tiña "forza" para garantir o seu cumprimento.
Ana Pontón
POLÍTICA

O BNG propón reforzar persoal e medios en hospitais, UCI e Atención Primaria

"Hai que anticiparse e se despois non é preciso usar todas as camas de urxencias, mellor, pero ten que existir previsión e anticipación", sinala Ana Pontón.

A sanidade nos ósos

Entrada da UCI no clínico. O persoal ten que deixar as súas máscaras en bolsas penduradas da parede (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
SOCIAL

Máscaras pendurando da parede e fonendoscopios reparados con esparadrapo: a precariedade da UCI

“Non hai palabras para describir o grao de precariedade da UCI do Hospital Clínico de Santiago”, exclaman pacientes do CHUS: unha máscara por quenda para o persoal, fonendoscopios reparados con esparadrapo e butacas para o descanso do persoal sanitario rotas. A isto engaden que o persoal está sometido a unha gran "presión laboral” por parte da Xerencia. 

UCI chus
SOCIAL

Pacientes da área de Santiago denuncian as condicións materiais da UCI do Clínico

Cualifican a situación de "indignante" en plena terceira onda da pandemia de Covid-19
Lugo cando se levantou o fechamento perimetral da cidade. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta restrinxe o traballo da hostalaría en Compostela, A Coruña e Ourense

O comité clínico e a Consellaría de Sanidade acordan elevar a situación de risco nas tres comarcas destas grandes cidades. O conselleiro Julio García Comesaña pide á poboación "unha especie de autoconfinamento" para os próximos días.
Realización de proba PCR de coronavirus (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Baixan as PCR e os positivos, mentres aumenta a presión na UCI

A Galiza detectou nas últimas horas 535 positivos por coronavirus, ao redor dun centenar menos que a xornada previa, mais hai que ter en conta que tamén baixaron as probas PCR realizadas, con 1.700 menos. A presión nas unidades UCI segue á alza. 
A  Covid-19 paralizou desde marza o funcionamento ordinario da atención primaria e hospitalaria (Glòria Sánchez / Europa Press)
star
SOCIAL

O impacto da Covid na atención sanitaria: miles de cancelacións e aumento da mortalidade

 Ademais dunha mortalidade directa moi elevada, a Covid-19 deixa un aumento de patoloxías graves que complica a supervivencia entre pacientes con enfermidades curábeis e reduce tanto a calidade como a esperanza de vida. Son consecuencia da deterioración do propio sistema sanitario, paralizado tras a chegada do coronavirus. Profesionais e usuarias urxen reactivalo. Piden circuítos seguros na Atención Primaria e a redución das listas de espera hospitalaria.
Hospital de Povisa, en Vigo. (Foto: Nós Diario)
42,94% dos ingresos dos hospitais privados galegos proceden das achegas da Xunta

O Consello de Contas cuestiona os concertos do Sergas

As relacións contractuais entre o Servizo Galego de Saúde (Sergas) da Consellaría de Sanidade e os centros hospitalarios privados están no punto de mira do Consello de Contas da Galiza. Un recente informe do organismo sobre a anualidade de 2018 revela novas dúbidas sobre o modelo de concertos no sistema sanitario galego.
Consulta de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Foto: CRTVG).
star
SOCIAL

O futuro da Atención Primaria, en xogo

A pandemia da Covid-19 agravou as eivas que os colectivos profesionais da Atención Primaria xa viñan denunciando antes da chegada do coronavirus. Reclamaban tempo, recursos e dignidade para atender as súas pacientes correctamente, unhas demandas que manteñen en plena crise sanitaria. O persoal do primeiro nivel asistencial exixe cambios. Unha reforma global baseada nas conclusións do Consello Técnico, paralizadas pola Xunta. Piden recuperar autonomía e dotar os centros de saúde de equipos suficientes e multidisciplinares para unha atención integral das doentes. 

 

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou hoxe en rolda de prensa a chegada da vacina da Covid-19. (Foto: R.Rubio / Pool / Europa Press)
INTERNACIONAL

Esquerda e dereita piden a remuda de Illa

Illa ignora as críticas dos partidos e reitera que seguirá como ministro até que comece a campaña do 14F

A campaña de vacinación segue por toda Europa. (Foto: David Taneèek / CTK / dpa)
SOCIAL

Covid: Os positivos baixan até os 269 pero tamén se reduciron nun millar as PCR

A maior parte dos casos activos concéntranse nas áreas sanitarias de Compostela, A Coruña e Cee e Vigo. Nas últimas horas faleceron tres persoas máis polo que o número de vítimas é de 1.409
O aínda ministro Salvador Illa. (Foto: David Oller / Europa Press)
INTERNACIONAL

Illa seguirá á fronte da Sanidade até que comece a campaña en Catalunya

O candidato do PSC ás eleccións do 14 de febreiro ten previsto traballar algún tempo máis desde o ministerio, que sufrirá un relevo en plena pandemia da Covid-19.