Sanidade

gonzalo caballero executiva nacional PSdeG
Ofensiva da oposición

O PSdeG esixe o cesamento do conselleiro de Sanidade

A oposición intensifica a ofensiva contra a política sanitaria da Xunta. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este sábado o cesamento do conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, e apuntou cara ao presidente Feixoo como “máximo responsábel da crise da sanidade”.
 

manifestación compostela
SOCIAL

O comité de folga do Hospital de Santiago xunta 10.000 sinaturas de apoio

Lonxe de retroceder, a conflitividade na sanidade pública galega non deixa de medrar. Dez anos de retalladas e reorientación neoliberal do servizo estálanlle a Feixoo. O comité de folga das Urxencias do Hospital de Santiago, que a pasada cuarta feira xuntou milleiros de cidadáns en manifestación, vén de remitir 10.000 sinaturas de apoio ao conselleiro do ramo.
 

Colapso urxencias. Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS
SOCIAL

Denuncian na Fiscalía a morte de dous pacientes no corredor de Urxencias do CHUS

Foi o pasado 2 de xaneiro, unha xornada na que este servizo “colapsou”. O Sergas nega as dúas mortes nos corredores e di que abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

imaxe
SOCIAL

Un clamor nas rúas de Compostela para defender a sanidade pública

A reivindicación de máis persoal e medios para Urxencias do CHUS reúne miles de persoas nunha manifestación na capital galega na que se denunciaron os efectos dos recortes destes anos na sanidade.

urxencias chus compostela
Camilo Agulleiro, presidente da Comisión de Centro do CHUS de Compostela.

“Todos estes anos de recortes e deterioro da sanidade pública estoupan agora”

Unha manifestación convocada polo persoal de Urxencias do CHUS discorre na tarde de hoxe en Compostela para reforzar unha folga que fai a súa novena semana en demanda de medios e persoal para o servizo.

Pacs en pe de guerra
SOCIAL

Folga indefinida nos PAC

Paro do persoal “pola mellora asistencial e laboral”

urxencias chus
O 9 de xaneiro

O persoal de Urxencias de Santiago manifestarase pola “dignidade” do servizo

Os conflitos agroman e reprodúcense por todos os recantos e servizos da sanidade pública. A Xunta de Feixoo recolle o que vén sementando ao longo dunha década de recortes e reorganización neoliberal do sistema. A manifestación que o persoal de Urxencias do Hospital de Santiago convocou para o 9 de xaneiro é apenas un novo síntoma.
 

enterro urxencias chus
SOCIAL

A folga indefinida en Urxencias do Hospital de Santiago chega á oitava xornada

A folga no servizo de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela chega á súa oitava xornada. Esta segunda feira, 30 de decembro, ás 12 da mañá, os traballadores e traballadoras do mesmo convocaron unha concentración de protesta.
 

vigo sanidade imaxe BNG
O conselleiro fala de “novo modelo” e pide a colaboración dos profesionais

A Xunta intenta reaccionar agora á crise da Atención Primaria provocada polos recortes

A crise na Atención Primaria é a última manifestación das consecuencias de dez anos de recortes e reconfiguración neoliberal da sanidade realizados polos gobernos de Núñez Feixoo. Despois da dimisión de 25 dos 31 xefes de servizo da área sanitaria de Vigo e a enorme manifestación do pasado 27 de decembro, a Xunta intenta agora reaccionar.
 

Ambulancia
SOCIAL

As ambulancias do 061 renuncian a prestar o servizo

A Federación galega de empresarios de ambulancias aseguran que o servizo é deficitario garantir a din que non poden garantir a prestación do servizo alén do 31 de marzo

_MG_0007
SOCIAL

Persoal dos PACs protesta perante o Parlamento

A plataforma PACS en pé de Guerra vén de concentrarse perante o Parlamento de Galiza en protesta contra a falta de recursos humanos e materiais e demandando melloras no seu labor existencial. A protesta coincide coa Comisión de Investigación no Parlamento pola morte dun paciente no PAC da Estrada.

 

 

sanidade_capa
SOCIAL

Os xefes dos centros de saúde de Vigo dimisionarios convocan unha manifestación

Será o 27 de decembro.

enterro urxencias chus
SOCIAL

Feche e folga en Urxencias do CHUS

luis villares parlamento
Denuncia de En Marea na sesión de control

A Xunta transferiu 1.500.000 euros de catro áreas de Sanidade para concertos coa privada

Luís Villares (En Marea) pediu explicacións no Parlamento a Feixoo por esta transferencia de capital.

manuel g. moreira SOS sanidade pública
Manuel González Moreira, voceiro de SOS Sanidade Pública Vigo

"Non é que non haxa médicos, senón que non os hai que queiran estar nas listas do Sergas"

A pasada semana máis dunha vintena de xefes de servizo dos centros de saúde da área metropolitana de Vigo anunciaron a súa dimisión por diversos motivos que expuseron nun escrito conxunto asinado.

_MG_0146
Na Comisión Paralela de Sanidade

A familia do falecido no PAC da Estrada acusa a Xunta de "falta de empatía e humanidade"

Finalmente e a pesar do intento de veto do Partido Popular, a Comisión Paralela de Sanidade tivo lugar a mañá desta segunda feira 17 de decembro na sala de reunións de En Marea no Parlamento de Galiza

comision sanidade parlamento
Nega o uso dunha sala do Parlamento ás forzas da oposición.

O PP torpedea agora a comisión de investigación alternativa sobre a sanidade

O Partido Popular vén de vetar o uso dunha sala do Parlamento de Galiza para a posta en marcha dunha Comisión Paralela de Sanidade por parte dos grupos da oposición. O BNG anuncia medidas legais contra esta decisión.

Protesta do sindicato médico O'Mega ás portas do Parlamento da Galiza.
SOCIAL

Persoal médico protesta perante o Parlamento polo colapso da Atención Primaria

O sindicato de médicos O’mega vén de concentrarse esta terza feira 11 de decembro perante o Parlamento de Galiza contra os recortes e a falla de recursos sanitarios e o consecuente desbordamento nos centros de Atención Primaria.

 

centro de saúde
SOCIAL

Afirman que as dimisións de Vigo evidencian o "fracaso" da política sanitaria da Xunta

sergas
SOCIAL

“Até aquí chegamos”: dimisión conxunta de xefes de centros de saúde de Vigo