agro

O prazo das axudas da Xunta da Galiza para profesionais por conta propia, Activa Autónomos, comezou o pasado 9 de xaneiro (Foto: Arxina).
TRABALLO

Máis de 80% de profesionais autónomos quedarán sen acceso ás axudas da Xunta

O limiar de 10.000 euros de rendemento afecta intensamente o rural.
O sector da distribución deberá rexistrar os contratos que subscriban co sector primario a través dun rexistro electrónico (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O sector agrario demanda marcar prezos mínimos para evitar contratos abusivos

O Executivo estatal vén de aprobar a obrigatoriedade de inscribir nun rexistro electrónico os contratos co sector primario. Porén, para o sector, esta medida non arranxa a principal problemática, pois sinala que non estabelece mecanismos para evitar prezos abusivos.
Selección de fabas para envasado nunha planta da Mariña. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

A nova orde alimentar

O modelo agrario vixente no mundo a día de hoxe procede da Segunda Guerra Mundial. Tras a sangría daquela contenda global, os gobernos adoptaron como obxectivo salvar a humanidade da fame. Cos medios de produción arrasados e a clase traballadora decimada, o risco de morrer por falta de alimentos representaba unha grave ameaza para os superviventes. 

Eleccións

Após tres anos, Mazaricos poxou 23 exemplares de frisoas na Semana Gandeira.
ECONOMÍA

Mazaricos fecha a Semana Gandeira cunha multitudinaria poxa de gando e 72.000 euros de negocio

Máis de 2.000 persoas pasaron pola poxa de 23 cabezas de gando frisón.
Concentración de tractores en protesta por uns prezos xustos para o sector o pasado mes de marzo en Xinzo de Limia (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O aumento de prezos ameaza o agro, cun encarecemento de 40% dos pensos

Os sindicatos piden a "intervención" das Administracións públicas para frear esta situación.
Un camión que transporta madeira, ao seu paso polo municipio de Viveiro, na comarca da Mariña (Foto: José Muñoz Carrasco).
TRABALLO

A maioría do sector do transporte galego desvincúlase dos paros a nivel estatal

As grandes empresas son acusadas de non cumprir a lei de custos.
A tempada de recolección de castañas comeza a finais de outubro e continúa todo novembro.
star
Reportaxes

O futuro incerto da castaña

Concepción elixe as castañas máis grandes e doces para a súa torta. Coce os froitos seleccionados e con eles prepara a base do doce. Mentres tanto prepara as bolachas, típicas da zona do Courel, e unha bica. Todo elaborado con fariña de castaña, por suposto. Hoxe, 5 de novembro, Concepción participa na Festa da Castaña que decorre este ano en Folgoso do Courel, recuperando a normalidade na celebración dun dos produtos máis emblemáticos da Galiza.
As poucas explotacións que están a nome de mulleres habitúan ser medianas ou pequenas, polo que reciben menos subvencións. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

As mulleres cobran a metade de axudas da Política Agrícola Común que os homes

As galegas que viven no rural tardan máis en comezar a cotizar.
#leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O prezo do leite producido na Galiza segue á cola do Estado: 44,7 céntimos por litro

Só no último ano perdéronse perto de 400 produtoras e produtores de leite.
Unións Agrarias denuncia o uso do polo nalgúns supermercados como "reclamo" polo baixo prezo. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O polo como 'produto reclamo': atraer clientes e forzar a venda a perdas dos criadores

Unións Agrarias denuncia esta práctica nun estabelecemento lugués propiedade dunha cadea valenciana.
A Xunta acaba de denegarlles a 637 granxas a axuda de xestión sustentábel de pastos. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

1.610 granxas de vacún fecharon en 2021

O proceso de reconversión do complexo gandeiro continúa. Así, só no último ano fecharon 1.610 explotacións de vacún na Galiza, seguindo a liña comezada após a incorporación do Estado ao Mercado Común Europeo á volta de 1986. Durante os gobernos de Feixoo cesaron na súa actividade 17.605 granxas.
Un vendimador transporta nunha caixa parte da colleita recollida no viñedo dunha adega da D.O. Ribeira Sacra, o pasado ano. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

O sector agrario galego emprega a oitava parte das persoas que o compuñan en 1976

Nun contexto no que a Galiza ten reducido as persoas empregadas no sector agrario desde 550.000 en 1976 até 67.300 en 2021, investigadores das universidades galegas sinalan as potencialidades da recuperación de terras agrarias para superar problemas das áreas rurais como os procesos de despoboación e os incendios.
Can pastor (Foto: ActiCan Pastoreo Galiza)
ECONOMÍA

Exixen da Lei de Protección Animal respecto nos usos tradicionais do rural

UUAA agarda que nas emendas do texto aprobado polo Consello de Ministras e Ministros para a súa tramitación haxa rectificacións.
#leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A Galiza segue á cola do Estado no prezo do leite malia achegar 40% da produción total

O litro de leite producido na Galiza págase a 43,1 céntimos, por baixo da media estatal.
Explotación gandeira de carne en extensivo localizada en Laza (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Denuncian falta de control e contratos abusivos da industria ás granxas de carne

A Xunta da Galiza constata nun informe  a venda a perdas no sector da carne na Galiza. Fruga e Sindicato Labrego denuncian que non contan con información da Administración galega e UUAA valora iniciar mobilizacións.
Xosé Lois Lamazares é o coordinador xeral de Daveiga. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Xosé Lois Lamazares: "O futuro pasa por potenciar proxectos vencellados ao territorio"

As galletas mariñeiras de Daveiga son un clásico da alimentación na Galiza. Este aperitivo, que recolle a tradición do centenario 'pan de barco', triunfa en Portugal e comeza a destacar no resto do mundo. A empresa, aliás, non é como outra calquera do sector: aposta por un modelo de economía social, que fomenta o desenvolvemento local e no que as persoas traballadoras son tamén propietarias. Xosé Lois Lamazares é o seu coordinador xeral.
Cabeza da manifestación convocada pola Fruga, SLG, UUAA, Adegal e Produtores de Pataca da Limia. (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O agro galego exixe en Ourense medidas para a súa supervivencia

A cidade de Ourense acolleu esta terza feira unha manifestación con centos de produtoras e produtores do agro. Convocada pola Federación Rural Galega (Fruga), Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UUAA), a Asociación de Pataqueiros da Limia e a Asociación de Empresarios, gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal), demandaron solucións ao problema do aumento do custo de produción.
Edelmiro López Iglesias. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Edelmiro López: "O sector agrario galego é dos que menos depende das subvencións que chegan a través da PAC"

O economista galego Edelmiro López Iglesias, nado en Bilbao en 1960, doutorouse en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Nesa mesma universidade, desde 1984, desenvolve a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada. Entre 1999 e 2005 foi Director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento da Galiza (Idega). Ademais, entre 2005 e 2009, ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellaría do Medio Rural da Xunta da Galiza.

Marihuana no agro