Alberto Núñez Feixoo

Rueda e outros dirixentes do PP na Galiza ven o debate electoral desta segunda feira (Foto: PP).
23-X

Rueda cualifica Pedro Sánchez de "soberbio e arrogante" ante un Feixoo que "pide paso"

En opinión do titular de Executivo galego quedaron "moi claras" dúas posicións: "un presidente en retirada e un aspirante que pide paso e que cada vez o pide con máis claridade".
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo no debate electoral (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
23-X

Feixoo mentiu no debate electoral ao asegurar que fixo 2.500 vivendas de protección cando realmente foron 12

Sánchez e Feixoo acusáronse mutuamente de mentir en repetidas ocasións no que foi un debate que brillou pola cantidate de mentiras e imprecisións que nel se deron.
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo esta segunda feira antes do debate electoral (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
POLÍTICA

O debate electoral entre Sánchez e Feixoo foi o menos visto na historia do Estado español

O que máis audiencia media obtivo até o momento foi o cara a cara disputado entre Mariano Raxoi e José Luis Rodríguez Zapetero en febreiro de 2008 que foi seguido por 13 millóns de espectadores.
O PP buscou hoxe o voto polas rúas de Lugo. (Foto: Nós Diario)
23-X

Marta Rivera (PP) acusa Sánchez de "converter o Ministerio de Cultura nunha moeda de cambio"

O PP apela ao "voto útil a Feixoo" para lograr unha "maioría suficiente" que lle permita gobernar e elude citar a Vox.
Alfonso Rueda, Mariano Raxoi, Alberto Núñez Feixoo e Paula Prado, na praza de touros de Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
23-X

O PP presenta a alternativa a Feixoo como "Goberno Frankenstein" e evita falar de Vox

Mariano Raxoi e Alfonso Rueda arrouparon o candidato do PP á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo, nun acto central da campaña que decorreu na praza de touros de Pontevedra, lugar que o ex presidente da Xunta considera "talismán". "Ou Feixoo e o PP, ou o Goberno Frankenstein", insistiu Raxoi.
O PP prepara o mitin central da campaña de Feixoo, na praza de touros de Pontevedra. (Foto: Europa Press)
23-X

O PP presenta Feixoo como "o galego que mellor coñece os problemas da Galiza"

Os conservadores ultiman os preparativos do grande acto da campaña do seu candidato á Presidencia do Goberno español, que decorrerá este domingo na praza de touros de Pontevedra, xunto a Alfonso Rueda e Mariano Raxoi, para defender que "é o momento" de Alberto Núñez Feixoo.

A impostura do xestor

O presidente do Estado español, Pedro Sánchez, esta quinta feira nun mitin en Madrid (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
star
INTERNACIONAL

As enquisas sinalan unha tendencia á baixa do PP e afastan Feixoo do Executivo español

Na apertura da campaña das eleccións estatais Pedro Sánchez e Yolanda Díaz apelaron á mobilización do voto progresista fronte a un PP e Vox que aspiran a sumar maioría absoluta. De non tela, os escanos das formacións nacionalistas serán claves na nova lexislatura. Sánchez espera gañar apoios na campaña e conseguir unha investidura para a que as forzas nacionalistas serían imprescindíbeis.
Alfonso Rueda, Ana Pontón e Luís Álvarez durante a sesión de control ao presidente no Parlamento. (Fotos: Arxina)
Parlamento

Rueda sitúa como "principal reto" do seu Goberno que Feixoo gañe as eleccións

O BNG critica que o Executivo galego actúe como "gabinete electoral".
Cartel exhibido durante a manifestación do 8-M convocada por Feminismo Unitario de Vigo o pasado mes de marzo. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
star
Análise

Feijóo non precisa de Vox para demoler as políticas de igualdade

Ximena González é militante da Marcha Mundial das Mulleres
Alberto Núñez Feixoo, nun acto do PP. (Foto: Mateo Lanzuela / Europa Press)
POLÍTICA

A viraxe discursiva de Feixoo: de vetar Vox por estar "en contra da Galiza" a ver "lóxico" gobernar con Abascal

O líder do PP e candidato á Presidencia do Goberno español vén de recoñecer abertamente, por vez primeira, que tenderá a man ao ultraespañolismo para chegar á Moncloa: "Se lle teño que pedir a Vox o 'si', o lóxico é que forme parte do meu Goberno". Estas declaracións supoñen unha importante viraxe após defender previamente, en reiteradas ocasións, que consideraba un "erro" gobernar con Vox, a quen cualificou de "populista", de "predicador" e de "non ser bo para os galegos".

Verán azul

Factoría de Ence en Pontevedra. (Foto: Xaquín Soliño)
POLÍTICA

A Lei de Costas que propón Feixoo favorecería Ence

Alberto Nuñez Feixoo avanzou esta segunda feira a vontade da súa formación de proceder a unha reforma da Lei de Costas de 1988. A proposta responde á decisión do Partido Popular de blindar os intereses particulares nas áreas de dominio público marítimo-terrestre. A pasteira de Ence na ría de Pontevedra sería unha das grandes favorecidas por esta mudanza legal, que contradí o estabelecido pola lexislación e polos tribunais comunitarios.

Feijóo escribe ao ditado de Vox

Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG. (Foto: Nós Diario).
23-X

O PPdeG propón unha España "como Galiza", con "estabilidade, xestión e sentidiño"

Núñez Feixoo encabezará o acto central  do PPdeG na Galiza, o 9 de xullo na praza de touros de Pontevedra.

Reforma laboral e laranxas

Alberto Núñez Feixoo esta terza feira, 27 de xuño, en Valencia. (Foto: Jorge Gil / Europa Press)
POLÍTICA

Feixóo asegura que manterá o "tronco" da reforma laboral que o PP rexeitou no Congreso hai un ano

Di que é "substancialmente unha boa reforma": "É a reforma laboral do Partido Popular con algúns axustes"

Intervención de Alberto Núñez Feixoo durante unha sesión de control ao Goberno español no Senado. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo, o senador designado polo Parlamento galego que non se interesa pola Galiza no Senado

"Considera o presidente do Goberno que o seu Executivo está á altura das necesidades das familias españolas?", "vai seguir reformando o Código Penal para favorecer membros do seu partido e os seus socios de Goberno?", "cal será a súa próxima promesa incumprida?", "cre que España merece un Goberno en crise permanente?" e "considera que os españois merecen que se lles diga a verdade?" foron as súas cinco intervencións orais ante o pleno. O BNG exixe que compareza no Parlamento galego para render contas.
Capa e contracapa do libro de Manuel Monge.
Agora

'Feijóo, biografía dun farsante', o novo libro de Manuel Monge

A vindeira semana chegará ás librarías do país o último libro do sociólogo e ensaísta Manuel Monge, colaborador na sección de Análise de Nós Diario. A obra, editada por Laiovento, leva por título Feijóo, biografía dun farsante (non autorizada), e o propio autor preséntao como "un libro de consulta, que ten pouco de literatura e que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita". "Lectoras e lectores terán información para comprobar que Alberto Núñez Feixoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno", afirma.
Alberto Núñez Feixoo esta terza feira, 27 de xuño, en Valencia. (Foto: Jorge Gil / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo cobrou do PP 39.260 euros brutos en función de "gastos de representación"

O líder dos populares desouvirá o mandato do Senado e non informará do seu salario como líder do PP até despois das eleccións.