Arxentina

ACadaCanto
CULTURA

AcadaCanto atravesa o mar para levar a súa música a Arxentina e Uruguai

Son catro, un por cada canto. Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero atravesan o océano co seu proxecto aCadaCanto para tocar en Montevideo e Bos Aires. 

ECONOMÍA

Desmantelan un taller de escravas na Arxentina que confeccionaba roupa para Inditex

O xigante do téxtil nega contratar talleres ilegais para producir as súas prensdas. Porén, Arxentina fechou xa un dos seus recintos e Brasil mesmo ameazou con expulsar a firma do país.

 

Praza de Maio (Bos Aires)
INTERNACIONAL

Arxentina mobilízase a prol da Lei de medios

Milleiros de persoas demandan o cumprimento da Lei de Medios nunha masiva Festa da Patria Popular celebrada na Praza de Maio en Bos Aires. A presidenta arxentina, Cristina Fernández fixo un chamamento á democratización dos poderes do Estado e demanda que a Corte Suprema rache coas medidas cautelares que favorecen a concentración mediática en Arxentina. Ecuador e Brasil inician tamén procesos lexislativos con senllas medidas.
Marcha a prol dunha lei de medios arxentina
INTERNACIONAL

Os grandes grupos mediáticos botan un pulso ao goberno de Cristina Fernández

A Lei de Medios aprobada en 2009 en Arxentina pon os grandes grupos mediáticos do país contra o goberno de Cristina Fernández. Clarín e La Nación son amparados pola xustiza que amplía a prórroga da súa entrada en vigor, evitando que os xigantes da comunicación teñan que perder o seu monopolio. Unha manifestación multitudinaria percorrerá as rúas da capital arxentina para exixir o cumprimento da lei e en defensa da democracia.

Pequena síntese da historia dos Dereitos Humanos en Arxentina

Despois da ditadura militar (1976-1983), o primeiro goberno elixido nas urnas foi o do Dr. Raúl Alfonsín, representante do partido Radical e descendente de galeg@s, por unha maioría significativa. Ao pouco de comezar creou a CONADEP (Comisión Nacional da Desaparición de Persoas), conformada por “notábeis” de diferentes sectores da realidade arxentina: escritores, integrantes de antigos organismos de DDHH...
INTERNACIONAL

Videla implica a Igrexa católica nas desaparicións de Arxentina

Nunha entrevista que está a conmocionar a opinión pública do seu país, o ditador Jorge Videla vén de recoñecer a complicidade da Igrexa católica nas desaparicións da Arxentina.
Videla e Bignone
Mundo

Condenan ao ditador Videla a 50 anos de cárcere polo roubo de crianzas na Arxentina

A xustiza condenou, despois de quince meses de debate, a 50 anos de prisión para Videla e 15 para Bignone polo caso das crianzas roubadas.
XUSTIZA

Arxentina multa a Telefónica con 32 millóns de euros

Movistar, a filial da multinacional española, deixou sen servizo 16 millóns de persoas en abril e non reparou os danos. O Goberno impón agora unha sanción e ínstaa a devolver a cada persoa afectada unha cantidade que ronda os 2€ na vindeira factura

A expropiación de YPF e os debates habilitados

O pasado 16 de abril a presidenta Cristina Fernández anunciou a expropiación do paquete maioritario de YPF (en mans de Repsol), o que supón a transferencia dun 51% do capital accionarial a mans do Estado, distribuído entre o Estado nacional co 26% e os Estados provinciais petroleiros co 24%. Asegúrase, así, o control estatal da xestión da empresa que lidera o mercado nacional de hidrocarburos (un terzo aproximadamente).
ENERXÍA

Luz verde no Senado arxentino á renacionalización de YPF

Tras máis de 14 horas de debate, o proxecto de lei presentado polo Goberno de Cristina Fernández para expropiar o 51% da enerxética propiedade de Repsol saíu adiante