BNG

Ana Miranda, eurodeputada do BNG, xunto cos representantes do Frente Polisario na UE. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Ana Miranda reúnese co novo corpo diplomático do Frente Polisario para a Unión Europea

A eurodeputada nacionalista reiterou o compromiso do BNG coa histórica demanda de que o Sáhara Occidental xestione os seus recursos

A deputada do BNG, Mercedes Queixas, esta terza feira no Parlamento da Galiza. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O PP rexeita aumentar a presenza do galego en educación: “Na Galiza non existe un problema lingüístico”

Mercedes Queixas instou o Parlamento galego a colocarse “a favor da lingua galega”.  

A Comisión Permanente do Consello Local do BNG de Vigo reuniuse esta segunda feira para planificar o traballo do novo mandato. (Foto: Nós Diario)
28-M

O BNG de Vigo busca ser “a alternativa” na primeira cidade galega

A fronte nacionalista comezou a planificar o traballo de cara a un novo mandato no que “intensificará, aínda máis, a iniciativa política e multiplicará o traballo a pé de rúa”.

Inés Rei, alcaldesa da cidade da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
28-M

PSdeG e BNG, abertos a buscar "fórmulas" para garantir un Goberno "progresista" na Coruña

Inés Rei e Francisco Jorquera emprazaron a agardar ás xuntanzas das formacións políticas a nivel interno para comezar a falar da conformación dun posíbel Goberno na cidade herculina.
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde en funcións de Pontevedra, o pasado domingo 28 de maio. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
28-M

Lores non propón ningunha liña vermella para reeditar o Goberno local de Pontevedra

Pontes di que "non sería desexábel" que Lores non sexa alcalde da cidade do Lérez pero avisa: "O PSdeG non regalará os seus votos".

Goretti Sanmartín (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Sanmartín convoca o PSOE e Compostela Aberta para negociar un "goberno amplo e estábel"

Sanmartín compareceu esta terza feira ante os medios de comunicación acompañada dos outros cinco integrantes do seu grupo para anunciar estes contactos, tras unhas primeiras chamadas previas para sondar a predisposición.
Ana Pontón onte, en rolda de prensa, con Manuel Lourenzo e Goretti Sanmartín, próximo alcalde de Soutomaior e próxima alcaldesa de Compostela (Foto: Arxina).
star
28-M

Galiza resístese á suba do PP polo avance do BNG

A suba do nacionalismo foi quen de parar o tsunami da dereita na Galiza. A alza do BNG permitiu compensar a caída do PSdeG e contrarrestar a suba do Partido Popular, que rexistra uns resultados máis discretos que no Estado. Ao tempo, Vox continúa como unha forza testemuñal, o que impide construír á dereita alternativas de Goberno nos principais núcleos de poboación galegos, na liña do sucedido no espazo español. Nesta liña, a suma do voto nacionalista e socialista sitúase claramente por enriba das diversas expresións da dereita.
O nacionalista Secundino Fernández gañou a Alcaldía de Viana en 2015 e repetiu en 2019.
28-M

Catro dos nove alcaldes cesados en mocións de censura poderán volver á alcaldía

Os rexedores da Baña, Sada, Ribadavia e Viana do Bolo recuperarán o bastón de mando.
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, compareceu esta segunda feira após a xuntanza da Executiva Nacional. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Pontón ve o BNG "en forma": “Imos a por todas”

A formación nacionalista proponse conseguir grupo propio no Congreso español.

Maite Ferreiro (BNG) e José Tomé (PSdeG), vicepresidenta e presidente da Deputación de Lugo (Foto: Europa Press).
28-M

A Deputación de Lugo ficará finalmente en mans de PSdeG e BNG

Tomé dá por cumprido o "obxectivo" a nivel provincial e asegura que os 15 votos impugnados en Friol "non cambiarán as cousas"

Casa do Concello de Samos (Foto: Turismo en Lugo).
28-M

O BNG terá a Alcaldía de Samos a pesar da suba do candidato do PP, fillo do alcalde do PSOE

A maioría absoluta, sumaríana as candidaturas de BNG e PSOE. Os socialistas perderon tres concelleiros, pasando de cinco a dous, pero o BNG aumentou dun a tres, co que ambas as forzas alcanzarían cinco e a Alcaldía sería para os nacionalistas.

Discurso de Ana Pontón ao ser escollida portavoz nacional do BNG

ANAPO
POLÍTICA

Pontón: “O BNG é a forza que máis concelleiros suma: 135 máis, un 30%”

Ana Pontón, portavoz do BNG, compareceu pouco antes das 23 horas, para facer balance dos resultados conseguidos pola formación nacionalista. Uns resultados, dixo, “que nos dan máis motivos para seguir traballando” co fin de abrir “un novo ciclo”.

Arriba á esquerda, Telmo Martín e Alfonso Rueda, e á dereita Goretti Sanmartín e Ana Pontón. Abaixo á esquerda Ángel Mato, Margarita Robles e González Formoso. Á dereita, Iara Mantiñán, Antón Gómez Reino e Gloria Alonso.
28-M

Os concellos galegos, en mans do electorado indeciso

A campaña electoral dos comicios locais deste domingo chegou esta sexta feira ao seu remate. Alfonso Rueda, Valentín González Formoso e Ana Pontón aproveitaron os últimos momentos da contenda para tentar mobilizar o votante e decantar a importante bolsa de electorado indeciso, que en diversas urbes galegas sitúase arredor de 20%. Precisamente, esta situación e o apartado das proxeccións electorais nalgúns concellos avanzan uns comicios abertos, onde o PP busca recuperar as posicións perdidas en 2019, o PSdeG manter as actuais e o BNG gañar novos Gobernos.
Ana Pontón arroupou Francisco Jorquera na Coruña. (Foto: Nós Diario)
28-M

Pontón, con boas sensacións, chama toda a xente "rebelde e inconformista" a repetir os resultados de 2020

"É o momento de sumar para parar ese partido de fitipaldis que usan a institución como a súa leira particular, ese servilismo a Madrid cando toca defender Galiza e de parar os pés a un Rueda que non ten autoridade e un Feixoo que é un 'bluf' e que pasou de ser 'o moderado' a ser un imitador cutre de Ayuso", dixo a líder do BNG desde A Coruña, onde apoiou Jorquera.
Ana Pontón e Miguel Anxo F. Lores, no feche de campaña do BNG de Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
28-M

Lores pide o voto "a quen queren a Pontevedra por riba de intereses, compadreos e siglas"

O alcalde e candidato á reelección, acompañado de Ana Pontón, advirte que "nada, absolutamente nada", está gañado aínda en Pontevedra.
De esquerda a dereita, Lara Méndez (PSdeG), Rubén Arroxo (BNG) e Elena Candia (PP).
28-M

Un "puñado de votos" decantará a Alcaldía de Lugo a favor de Arroxo, Candia ou Méndez

Todo é posíbel na cidade de Lugo. Como sinalou Alfonso Rueda no mitin da quinta feira dos populares na cidade, o resultado decidirase por un “puñado de votos”. Arroxo, Candia e Méndez pelexan por conseguir eses sufraxios necesarios para alzarse coa Alcaldía.

Goretti Sanmartín e Ana Pontón, no exterior do pazo de Raxoi. (Foto: Europa Press)
28-M

"É o momento de facer historia": Pontón e Sanmartín, convencidas de que Santiago terá a primeira alcaldesa

A candidata nacionalista percibe cada vez "máis gana e máis forza" na capital galega para tornar na primeira muller á fronte da corporación.
CAD Souto de Leixa, en Ferrol. (Foto: Google)
POLÍTICA

O BNG levará ao Parlamento a denuncia na Fiscalía de familiares do CAPD Souto de Leixa de Ferrol

"A noticia desta denuncia non pode coller por sorpresa á Xunta da Galiza, despois das múltiples queixas recibidas polo funcionamento deste centro", afirman desde a formación nacionalista. Persoal do centro, porén, nega en rotundo as acusacións vertidas na denuncia: "Somos profesionais que nos deixamos a pel día tras día para axudar, acompañar e realizar as actividades básicas da vida diaria das persoas usuarias".
Á esquerda, un núcleo poboacional na serra dos Ancares; á dereita, habitantes de cada concello (datos do IGE de 2023).
28-M

A Montaña será decisiva o 28-M

Os Ancares, A Fonsagrada e Meira, as comarcas que conforman a área coñecida popularmente como A Montaña, levan máis dun século despoboándose. Un proceso iniciado coa emigración americana das últimas décadas do s. XIX e das primeiras do XX, agudizado coas emigracións europeas da segunda metade do s. XX e acelerado coa reconversión do complexo agrario, após a incorporación do Estado español ao Mercado Común Europeo, antecedente da actual UE. O 28-M, tócalles ás 19.057 veciñas e veciños da zona decidir o camiño a seguir.