Bicos
Os bicos, beixos, entre políticos homes son fogonazos mediáticos. Que hai detrás deles? Que evolución levou a que fosen agora algo máis ou menos cotiá? Sobre iso reflicte Carlos Callón.
Os bicos, beixos, entre políticos homes son fogonazos mediáticos. Que hai detrás deles? Que evolución levou a que fosen agora algo máis ou menos cotiá? Sobre iso reflicte Carlos Callón.
O Comentario de Carlos Callón. A Asemblea do BNG (1)
É segunda feira 29 de febreiro e en Sermos estamos de estrea: apresentámosvos a primeira vídeo-columna de Carlos Callón. Cada segunda, aquí no Sermos, ten a palabra Carlos Callón.
Carlos Callón estrea nova sección en Sermos. Será unha vídeo-columna sobre actualidade, lingua, sobre a historia do país, sobre historia da homosexualidade na Galiza... que publicará na mañá das segundas feiras no noso diario dixital. Conversamos con el para saber que ten en mente para esta iniciativa.
O cabeza de lista pola Coruña asegura que aquelas persoas que aínda teñen dúbidas poden apostar pola Candidatura Galega sen “renunciar a ningunha das dúas, porque somos garantía de cambio e somos o equipo da casa”. Vídeo no interior
O cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega pola Coruña aposta por crear un marco galego de relacións laborais que favoreza a negociación colectiva e pide recuperar a indemnización de 45 días por despedimento.
Traxectos, horarios e prezos acaídos e medidas de seguridade son as propostas que presentou na mañá desta sexta feira Carlos Callón, cabeza de lista de Nós, Candidatura Galega pola Coruña.
Se algo teñen en común Suso Díaz, Suso Seixo, Antón Lopo, Antón Losada, Narf, Valentim Fagim, Xosé Manuel Pereiro, Belén Tajes, Pilar Estévez ou Quico Cadaval é o seu apoio público á candidatura presentada por Carlos Callón ás eleccións primarias de Iniciativa pola Unión. Callón concorre a este proceso “porque Galiza esmorece como nación”.
Tereixa Novo competirá con Carlos Callón nas primarias de Iniciativa pola Unión na provincia da Coruña. É o único caso no que hai máis dunha candidatura e Novo confésase desilusionada por iso: “Crin que sería máis participativo”, declarou para Sermos.
Activista pola lingua, militante nacionalista desde a adolescencia, militante do movimento gay lésbico. Carlos Callón dá un paso adiante e apresenta a súa candidatura a ser cabeza de lista de Nós. Candidatura Galega ás eleccións xerais. "Temos que reactivarnos todas aquelas persoas que amamos Galiza. Non vale chorar o 21-D. Hai que reactivarse agora mesmo".
A asociación en defensa do galego celebrou a súa asemblea na Coruña, un acto marcado pola renovación na Permanente e o adeus de Carlos Callón após doce anos como máximo responsábel. Tanto el como Iria Taibo recibiron unha homenaxe en forma de agasallos e a proxección dun vídeo de recordo, no que foi o momento máis emotivo da xornada.
A semana que comeza será histórica para A Mesa, xa que significará a derradeira de Carlos Callón na presidencia. Será substituído por Marcos Maceira, no que dalgún xeito significa unha nova etapa para unha asociación cun traballo máis que recoñecido pero tamén cuestións que encarar nos próximos anos.
Marcos Maceira, que será elixido a próxima fin de semana novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sinala como obxectivo "sumar máis vontades" e louva ao seu predecesor, Carlos Callón.
O lingüísta e escritor Carlos Callón comunica mediante unha carta publicada nas redes sociais a súa despedida da presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística despois de doce anos no cargo. O relevo producirase na asemblea do 26 de abril e a nova directiva será, segundo Callón, “de continuidade”.
Di o director xeral da CRTVG que a televisión pública dedicou máis tempo a informar sobre a denuncia interposta polo xuíz Fraga Mandián contra Carlos Callón "porque iso o verdadeiramente interesante" e que non segue o blogue en que @s traballador@s do ente denuncian a manipulación "porque non teño por costume prestar atención a nada que sexa anónimo". Vídeos no interior.
O presidente da Mesa sentou dúas veces no banco d@s acusad@s por esta causa, pois o demandante, o ex xuíz decano da Coruña Antonio Fraga Mandián, recorreu a primeira sentenza absolutoria en que até lle recordaban que a forma toponímica que dixo "non ter rubor" en utilizar estaba deturpada
A poucas horas de se ter celebrado a manifestación que o Día das Letras Galegas encheu a Praza da Quintana reclamando o dereito a vivir na nosa lingua, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de Queremos Galego, Carlos Callón, valora o éxito dunha convocatoria que pon á vista a vontade de defender o galego nun momento no que se está a cuestionar mesmo a súa oficialidade.
Galicia Bilingüe sae en defensa do ex xuíz decano da cidade herculina, Fraga Mandián, e chama a empregar a toponimia deturpada para "decir 'no' a quienes quieren volvernos memos de remate"
"Sabía usted, señor Callón, que en 2008 el topónimo La Coruña era oficial?". Esta pregunta foi a única novidade no xuízo contra o presidente da Mesa onde a sala foi desaloxada após @s presentes berrar 'xustiza colonial!' contra o demandante, o ex xuíz decano da Coruña Fraga Mandián, quen declarou que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña"
Após ser absolto en virtude dunha sentenza definitiva, o presidente da Mesa sentará de novo no banco d@s acusad@s por terlle recriminado ao que foi xuíz decano da Coruña o seu incumprimento da Lei de Normalización lingüística ao declarar que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". O demandante recorreu a primeira resolución