CIG

Un centro de educación para persoas adultas (Foto: JCCM).
SOCIAL

A nova lei de ensino de adultos "deixa sen efecto" a rede de centros con máis de 300 profesoras, indica a CIG

O sindicato nacionalista advirte de que se esta norma, que "non pasou ningún filtro", segue "para adiante" e "deixa sen efecto" a rede de centro, suporá "un antes e un despois" para este tipo de ensinos, e repercutirá nun "empeoramento", ademais de falta de oportunidades para a poboación que vive en contornas rurais.
Sede de Pescanova, en Vigo. (Foto: Europa Press).
TRABALLO

A CIG reclama garantías de mantemento dos empregos en Nueva Pescanova

A central sindical valora de xeito negativo a venda da empresa.

As pemes industriais, como as da conserva, poderán optar a axudas para desenvolver proxectos piloto de redución da xornada (Foto: Benito Juncal).
star
TRABALLO

Os sindicatos piden medidas que reduzan as xornadas laborais sen baixar soldos

O Goberno estatal aprobou axudas para que empresas industriais poidan desenvolver proxectos piloto para reducir a semana laboral a catro días, sen reducir salarios. Os sindicatos valoran ben reducir as xornadas laborais mais alertan, non pode implicar baixar soldos.
Urxencias do hospital da Mariña (Foto: CIG-Saúde).
Sanidade

Denuncian fugas de persoal pola "inasumíbel carga de traballo" nas urxencias do Hospital da Mariña

Desde a CIG-Saúde A Mariña, exixen tamén á Directora do Distrito Sanitario da Mariña, María José Cortés Canay, que exerza as súas competencias e que dote dos recursos necesarios para garantir unha atención médica de proximidade.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril (terceiro pola esquerda), durante unha manifestación na Coruña (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG convoca unha manifestación para esta quinta feira en Lugo para reclamar "salarios e convenios dignos"

O secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi 'Tupi', recalcou a aposta do sindicato pola negociación colectiva como ferramenta "fundamental" dos traballadores para mellorar as súas condicións.
Protestas do persoal de Povisa, onte en Vigo. (Foto: CIG)
TRABALLO

Traballadoras de Povisa reclaman unhas condicións laborais "dignas"

Greve no servizo de limpeza do Abente e Lago.
En 2022 só se finalizaron na Galiza 103 vivendas de protección oficial (VOP), e só nove eran con destino a aluguer. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
TRABALLO

Vacacións, dereito á folga, negociación colectiva... Cumpre a lexislación española a Carta Social Europea?

A CIG pon o foco nas conclusións do Comité Europeo de Dereitos Sociais, que sinala unha serie de incumprimentos en materia laboral no Estado español.
Colectores durante a folga de recollida do lixo na Coruña en abril de 2022 (Foto: M. Dylan 7 Europa Press).
TRABALLO

A xustiza amplia en tres pezas a investigación no caso do Sindicato de Traballadores de Limpeza da Coruña

A Confederación Intersindical Galega (CIG) tamén solicitou comparecer como acusación particular na causa contra STL. "A día de hoxe aínda non temos resposta", asegurou o secretario comarcal da CIG-Servizos, Roberto Pérez.
Protesta do persoal de Ganomagoga diante da sede da Xunta en Vigo, a comezos de abril (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O persoal de Ganomagoga volve mobilizarse ao non ver "xustificadas" as razóns para o ERE

A CIG presenta un "contrainforme" para rexeitar o ERE que permitiría ao grupo prescindir dos 200 traballadores.
As dificultades económicas afectan cada día máis ao persoal ocupado -aquel que ten emprego- pola caída do poder adquisitivo. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

A afiliación á Seguridade Social creceu no Estado a un ritmo 86% superior ao galego

As persoas cotizantes na Seguridade Social aumentaron na Galiza en 1,47% entre marzo de 2022 e o mesmo mes de 2023. Unha taxa que fixa lonxe da do Estado español, que subiu o número de afiliacións no mesmo período nunha porcentaxe de 2,73%, cun ritmo 86% maior.
Traballadoras e traballadores tratan de paralizar un autobús en Vigo durante a folga do 31 de marzo (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

A folga do transporte por estrada deixouse sentir en toda a Galiza

O sector do transporte por estrada realizou esta sexta feira protestas nas sete cidades galegas no contexto da xornada de folga pola súa perda de poder adquisitivo, as súas "nefastas" condicións laborais e o "lamentábel" estado das frotas de autobuses. O paro dos traballadores e traballadoras paralizou o país nunha xornada na que tamén houbo atrasos masivos no ferrocarril.
Dous brigadistas forestais traballan para extinguir as lapas no incendio forestal de Baleira, a 30 de marzo de 2023. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Ao redor de mil brigadistas piden traballar ante o "alto risco" de fogos

Os incendios de Alfoz e Viveiro ficaron controlados
#casa #aspiradora #limpeza (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

60% de traballadoras do fogar desenvolven a súa actividade na economía somerxida

Son datos difundidos pola CIG, que reclama "dignificación laboral".
Concentración da CIG en Vigo (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG mobilízase nas cidades galegas contra a reforma das pensións

Paulo Carril sinala que a medida consolida os recortes de 2011 e 2013.
Os líderes dos tres sindicatos ofreceron de forma telemática unha rolda de prensa conxunta. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O sindicalismo galego, vasco e catalán suma forzas para protestar contra a reforma das pensións

A CIG convoca mobilizacións esta cuarta feira nas cidades galegas.
Porto de Burela (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
TRABALLO

O persoal da inspección marítima irá esta terza feira á folga contra os novos horarios

O Executivo do Estado español busca impor xornadas con 24 horas de dispoñibilidade para o persoal da inspección marítima, que se opón á instauración desta medida sen que haxa compensación económica.
Logo de Naturgy (Foto: Europa Press)
LINGUA

Naturgy reduce o horario de atención telefónica en galego, segundo denuncia a CIG

A CIG lembra que a "eliminación" da franxa nocturna motivou mobilizacións que se sumaron ás realizadas desde 2012 en denuncia pola "deslocalización" do servizo de atención telefónica na compañía enerxética.
Maica Bouza, Carlos Mella, Amelia Pérez e Juan Sepúlveda na presentación do informe, hoxe en Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Galiza, a segunda autonomía máis avellentada e coas pensións máis baixas

A CIG ten convocadas para esta cuarta feira varias mobilizacións baixo o lema 'As pensións non se tocan'
Rolda de prensa da representación sindical de Inspección de Traballo. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
TRABALLO

Persoal de Inspección de Traballo voltará á folga en maio e ameaza con facela indefinida

Sindicatos exixen cumprir o acordo de xullo de 2021 e incorporar de maneira inmediata os 500 efectivos prometidos.
A manifestación do comercio percorreu as rúas da Coruña (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O comercio vario manifestouse "por un salario xusto" na Coruña

As rúas da Coruña viviron este domingo unha xornada reivindicativa do comercio vario. Os sindicatos demandan actualizar o convenio para non perder poder adquisitivo. Esta segunda feira terán unha mediación coa patronal e alertan de que se non hai acordo convocarán unha folga.