Colombia

colombia
INTERNACIONAL

534 activistas políticos e sociais asasinados en Colombia nestes 5 anos

Activistas comunitarios,campesiños, indíxenas, sindicalistas, ambientalistas, integrantes do movimiento Lgbt, para alén de activistas polos dereitos humanos ou a restitución das terras. Os dados foron revelados por un informe presentado no Parlamento británico por 'Xustiza para Colombia'.

Carlos Morais
CARLOS MORAIS (MOVEMENTO CONTINENTAL BOLIVARIANO)

“O proceso de paz en Colombia avanza, mais hai riscos dunha elite que ten moito a perder”

Morais -dirixente de Primeira Linha- viaxa á Habana para tomar parte no plenario da presidencia colectiva do Movemento Continental Bolivariano (MCB), unha plataforma de organizacións da esquerda revolucionaria con presenza galega desde 2008. O proceso de paz en Colombia vai ser unha das principais cuestións a abordar.

Colombia
INTERNACIONAL

O goberno de Colombia mobiliza 50.000 soldados para afogar unha protesta camponesa

O presidente colombiano, José Manuel Santos, decretou a “militarización de Bogotá”. Campesiñ@s de 16 departamentos colombianos protagonizan desde hai 2 semanas mobilizacións contra as políticas de libre comercio que, afirman, “déixannos na miseria”

O agro de Colombia contra o TLC (tomemos nota)

As organizacións agrarias galegas, e todo o movemento nacionalista, deberían seguir con atención o paro agrario en Colombia, porque os motivos polos que se convocou teñen unha estreita relación cos retos aos que se enfronta nun futuro inmediato o noso sector agro-gandeiro (e non só el).

INTERNACIONAL

Un foro agrario tratará o problema da terra en Colombia

As FARC e o goberno de Colombia desenvolverán un foro agrario en decembro en que a cidadanía achegue propostas a respecto da problemática da terra no país.
INTERNACIONAL

As FARC e o goberno de Colombia encamíñanse cara á paz

O presidente colombiano, Juan Manuel Santos, e representantes das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), asinaron na Habana un acordo que procura pór fin ao conflito armado. Así mesmo, iniciarán negociacións a prol da paz.