comercio

Protesta noutro H&M do Estado español. (Foto: Ela / Europa Press)
TRABALLO

O ERE de H&M implicará o fechamento de tres tendas na Galiza e despidos noutras tres

O cadro de persoal que esta multinacional téxtil ten en Ourense vén de convocar unha folga contra o Expediente de Regulación de Emprego. Entre outras cuestións, as e os traballadores reclaman que se negocie por territorios.

Andrea Mosteiro, durante unha viaxe a Barcelona realizada en xuño de 2019. (Foto: Xabier Camba Sanmartín)
LINGUA

Andrea Mosteiro: "Vivimos nunha sociedade onde o galego é a lingua B, non ten o prestixio necesario"

Andrea Mosteiro Sanxiao creou o proxecto "Na Estrada, en galego" en febreiro de 2020 con 16 anos, cando estudaba 1º de bacharelato. A iniciativa emprega as redes sociais para visibilizar os comercios que usan a lingua galega e serve, ao mesmo tempo, para unilos a través do amor polo idioma. Comezou con poucos participantes mais agora, malia algunha baixa a consecuencia da crise pola pandemia, son 29. Nós Diario reflexiona con ela sobre a situación do galego no comercio e na sociedade.
A falta de incentivos para fomentar as vendas está a provocar que cada vez sexan máis os comercios que deciden botar o feche (Foto: MISSMI)
ECONOMÍA

O comercio galego acolle con medo e prudencia o levantamento das restricións

As vendas de alimentación no comercio polo miúdo son as únicas que presentan datos positivos.
Persoal de PSA Citröen nunha imaxe de arquivo (Europa Press)
ECONOMÍA

A economía frea a actividade por unha "crise de envergadura descoñecida"

O Indicador do Foro Económico da Galiza deu a coñecer novos datos sobre conxuntura económica que confirman un retroceso.  
EuropaPress_3627100_29_march_2021_egypt_suez_the_ever_given_container_ship_operated_by_the
INTERNACIONAL

Máis de 400 barcos agardan a cruzar a Canle de Suez tras a súa reapertura

Desencallado despois de varios intentos o 'Ever Given'
As tendas xa anuncian as rebaixas. (Xoán Roberes)
ECONOMÍA

O comercio galego quere pór fin aos períodos de rebaixas durante todo o ano

A Federación Galega de Comercio cre que Galiza debería recuperar as competencias para determinar os períodos de rebaixas e regular tamén as promocións e descontos no sector.
Descarga de contedores no porto exterior de Ferrol (Foto: APFSC).
ECONOMÍA

Galiza está aínda lonxe de recuperar o volume de exportacións previo á crise

As exportacións de produtos téxtiles volveron a cifras positivas e, xunto coa automoción, tiraron do crecemento rexistrado en decembro, aínda que os datos só representan 92,9% do que se movía antes da crise da Covid-19.
A praza de Abastos de Compostela, fechada. (Foto: Europa Press)
star
20% dos locais fechados nun ano

O comercio galego sobrevive contra as cordas pola pandemia

O comercio retallista atópase na Galiza nunha situación de emerxencia. Se nos últimos anos o escenario para o sector xa foi moi delicada, até o punto de fechar na Galiza en 2019 perto de 2.100 negocios, a pandemia agravou unha crise que agudizou as tendencias anteriores, derivadas da introdución de novas canles de comercialización asociadas ás grandes operadoras tecnolóxicas. A brutal caída da facturación e das marxes de beneficio en 2020 así como o cese na actividade de moitos comercios debuxan un panorama moi preocupante.
A hostalaría seguirá fechada, cando menos até a vindeira semana, mais o comercio non esencial fechará ás 21.30 horas (Foto: Arxina).
star
Feixoo pide "prudencia" ante as novas cepas

A Covid dá tregua, mais é "insuficiente" para a desescalada

A partir desta cuarta feira, o comercio non esencial volverá abrir até as 21.30 horas, e a actividade cultural retomarase en bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, cinemas e auditorios. Ao mesmo tempo, reabriranse as instalacións ao aire libre para a práctica individual de deporte e aumenta o número de visitas e visitantes por semana aos centros residenciais. As aulas presenciais volveranse impartir o 22 de febreiro en conservatorios de música, ensino especial e escolas de idiomas, mais as universidades deberán agardar ao primeiro de marzo.
Vista do peirao de contedores de Guixar (Foto: Porto de Vigo).
ECONOMÍA

O Círculo de Empresarios alerta da perda de peso dos grandes portos galegos

O Círculo de Empresarios sinala a necesidade de conectar por tren o porto de Vigo e Feixoo pide na Coruña o mesmo para o de Punta Langosteira.
AP-9 sobre a ponte de Rande da ponte de Rande entre os concellos de Redondela e Vilaboa.
star
ECONOMÍA

AP-9 e a competitividade da economia galega

A economia galega tem um grave problema de falha de competitividade.
Antón Pedreira, esta cuarta feira, fechando as portas da súa libraría en Compostela ao remate da xornada (Foto: Arxina).
Hostaleiras e comerciantes lamentan estar a traballar "con perdas"

A Galiza que vén: feches, resignación e rúas baleiras

As novas restricións sitúan Galiza nun "confinamento encuberto" que afecta especialmente á hostalaría e ao comercio. As persoas teñen "medo" e os estabelecementos camiñan "cara á bancarrota".
Os estabelecementos hostaleiros poderán seguir ofrecendo os servizos de recollida no local e entrega 
a domicilio (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
As novas medidas entrarán en vigor na madrugada da terza á cuarta feira

Galiza bota o feche durante tres semanas agás para o esencial

Toda a Galiza pasa ao nivel máximo de restricións: fechamento individual dos concellos, limitación das reunións a persoas conviventes e suspensión das actividades non esenciais.
As tendas xa anuncian as rebaixas. (Xoán Roberes)
ECONOMÍA

As galegas afrontan as rebaixas con máis cartos pero menos intención de gasto

A Federación Galega de Comercio calcula que o gasto medio por persoa, sensibelmente inferior ao de 2019, rondará os 200 euros.
Unha muller a favor da permanencia na Unión en Bruxelas. (Foto: Luciana Guerra / PA Wire / Dpa)
INTERNACIONAL

A UE e Reino Unido pactan un acordo comercial post Brexit

A representación das dúas partes pasou a madrugada repasando as 2.000 páxinas do documento polo que se chega a esa decisión histórica. O tema das cotas de pesca foi un dos de maior complexidade, como xa avanzaba a frota galega.

 

En Compostela, manifestación convocada pola Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela para pedir a reapertura da hostalaría (Arxina)
ECONOMÍA

Hostalaría e comercio consideran "un insulto" e "insuficentes" as medidas

Esta quinta feira entra en vigor o Decreto-lei de apoio ao comercio, á hostalaría e ao turismo que aprobou o Goberno español. Na Galiza, desde estes sectores rexeitan unhas medidas que non contemplan nin axudas directas nin a paralización de taxas e impostos. Pola contra, cren que os "endebeda" máis de cara a 2021.
Adega dá consellos para un nadal sostíbel (Foto: María José López / Europa Press).
ECONOMÍA

O medo a perder o emprego contrae as vendas de Nadal

A Federación Galega de Comercio constata desconfianza entre as persoas consumidoras, que reducen o gasto nas súas compras de Nadal.
O Concello do Porriño botou a andar en decembro de 2020 un portal para o comercio local (Imaxe: Concello do Porriño).
ECONOMÍA

Tomiño lanza un portal para a compra en liña nos comercios do municipio

Cada comercio do concello conta co seu propio espazo.
Centro Comercias As Cancelas, en Compostela (As Cancelas)
ECONOMÍA

As grandes superficies comerciais buscan sumarse ás compras na rede

A expansión das grandes superficies veu da man dalgunhas marcas que apostaban por concentrar as súas tendas en lugares onde espallarse. O baleiro que deixan cando deciden mudar de localización causou máis dun fechamento destes centros e agora, co aumento do comercio en liña pola pandemia, poderían incrementarse estes casos. O sector cre que pode adaptarse nun futuro próximo, como fai o pequeno comercio, para que non aconteza.  
Campaña do BNG polo comercio local  o produto galego
POLÍTICA

O BNG lanza unha campaña a prol do comercio de proximidade

O BNG deu a coñecer unha iniciativa de apoio pequeno comercio "Mellor local, mellor galego", dirixida a promover o comercio local e a capacidade produtiva da Galiza, segundo trasladou a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, durante a presentación desta iniciativa en Compostela.