Nos puntos de vacinación en Catalunya, información en galego
E noutros 25 idiomas.
E noutros 25 idiomas.
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 22 de xuño no teu concello así como o nivel de incidencia
Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxeno
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 21 de xuño no teu concello así como o nivel de incidencia
Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxeno
O Sergas detectou 75 novos contaxios no último día, 43 de todos eles na área sanitaria da Coruña-Cee.
A Soberana 02 mostra 62% de eficacia con só dúas das tres doses da pauta completa. A noticia, que chega no peor momento da pandemia na illa, tamén se agardaba con esperanza noutros países do mundo que agardan por ela.
Case dous terzos da cidadanía do país susceptíbel de ser vacinada ten unha dose da vacina contra a Covid, e son case un millón de persoas ─41,24%─ as que xa recibiron a pauta completa.
O departamento de Medio Rural suspendeu ademais as Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural "O que non arde" previstas para a vindeira fin de semana.
Pedro Sánchez, que asegura que "España está lanzada", anuncia que o Goberno do Estado baralla esas datas de cumprirse as autorizacións previstas pola Axencia Europea do Medicamento.
Os casos activos da enfermidade volven rexistrar un descenso de 42 nun día e sitúanse nos 1.302, a niveis de agosto de 2020.
Arteixo, Noia, Mondoñedo, O Carballiño, Marín e Tomiño servirán de proba piloto este sábado para o regreso das orquestras.
A Xustiza belga obriga á compañía a entregar 80 millóns de doses, mais a Unión Europea recorrera aos tribunais a enviar aos estados 300 millóns do fármaco contra a Covid-19. Esta última cifra é a que figuraba no contrato asinado polas dúas partes.
Os novos contaxios da Covid-19, ás portas da última fin de semana antes do inicio do verán, volveron situarse por baixo do centenar tras o repunte da xornada anterior e caen a 87 no conxunto da Galiza, mentres que os casos activos descenden a 1.344 despois do lixeiro incremento do día pasado que rompeu a tendencia descendente continua de 25 xornadas. En canto aos pacientes ingresados mantéñense en 61.