Covid-19

A ministra Carolina Darias nunha rolda de prensa. (Foto: R. Rubio / Pool / Europa Press)
INTERNACIONAL

Covid: Sanidade retomará a vacinación coa AstraZeneca o 24 deste mes

A ministra Carolina Darias fixo o anuncio após unha reunión extraordinaria do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS). Desta forma atenden ás recomendacións da OMS e a Axencia Europea do Medicamento invitando a manter a inoculación do fármaco malia a posíbel ligazón con algúns episodios de trombose.
O IES Lamas de Abade, nunha imaxe de arquivo. (Foto: CIG)
SOCIAL

A Consellaría de Educación obviou as exixencias de Inspección sobre a protección do persoal fronte á Covid

A autoridade laboral recoñece que a Xunta incumpriu até oito puntos da petición feita após a denuncia presentada por un sindicato. Por exemplo, sostén que faltou “planificación preventiva” e que non se facilitaron os Equipos de Protección Individual axeitados.

Diferentes vacinas para a Covid-19. (Foto: Daniel Karman / Dpa)
INTERNACIONAL

Covid: A OMS insta a continuar a vacinación coa AstraZeneca porque “salva vidas”

A Organización Mundial da Saúde entende que a pesar dos episodios de tromboembolismo grave nalgunhas persoas inoculadas co fármaco os beneficios están por enriba dos riscos, nun discurso que leva repetindo toda a semana en paralelo ás investigacións.

Persoal sanitario durante o manexo de tests de antíxenos. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Ás portas da ponte de San Xosé, alivio dan presión hospitalaria e baixada en contaxios rexistrados

Galiza rexistra 271 pacientes Covid ingresados e 2.586 casos activos.

mapa
SOCIAL

Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 18 de marzo no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Como che doe?

Virus sionista

Na actualidade hai preto de 130.000 persoas na Galiza que, aínda que sexa ocasionalmente, traballan desde o seu fogar (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
TRABALLO

O teletraballo calla na Galiza e aumenta en 32.500 persoas desde o inicio da pandemia

O crecemento, de 33,6%, é dos máis baixos do Estado español e representa máis da metade da media (74,2%).
A hostalaría poderá abrir até as 21 horas, e ampliará a súa capacidade a 50% no interior e 75% no exterior nos concellos do nivel baixo de restricións. Na imaxe, unha terraza de Ferrol (Foto: Mero Barral / Europa Press).
Feixoo muda de criterio respecto á mobilidade

Sanidade dispón catro niveis de restricións para proseguir a desescalada

A partir desta sexta feira e até o remate da Semana Santa, as reunións entre persoas non conviventes quedarán prohibidas nos domicilios. Así mesmo, a hostalaría poderá abrir até as 21 horas e aumentar a súa capacidade en interiores e exteriores nos concellos do nivel baixo.
O deputado Daniel Castro (Foto: BNG).
DEPORTES

O BNG pide no Parlamento galego máis apoio para o sector do deporte

O deputado Daniel Castro tamén exixe a "reprobación" de Rafael Louzán
Un visón nunha granxa europea. (Foto: Kopenhagen Fur / Cand. Agro. Jesper Clausen)
SOCIAL

Covid: Detectan un foco nunha granxa de visóns en Compostela

É o segundo caso que se da na Galiza nunha instalacións destas características. As agrupacións ecoloxistas levan meses advertindo do perigo de que o coronavirus chegue a estes animais porque podería incrementar os contaxios, mais a Administración non tivo ningunha actuación especial. Na Baña foi preciso sacrificar aos exemplares para evitar unha situación epidemiolóxica peor.
Feixoo na rolda de prensa para informar das medidas sanitarias. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Feixoo pide ás vacinadas coa AstraZeneca que avisen de calquera efecto secundario

O representante do Executivo galego incidiu en que advirtan as autoridades sanitarias se teñen “dores de cabeza ou sintomatoloxía similar”, após transcender un falecemento por un ictus que podería estar relacionado co fármaco. En Europa continúan investigando as tromboses en persoas inoculadas co remedio.

Alberto Núñez Feixoo en rolda de prensa. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Apertura da hostalaría até as 21 horas e as reunións nos domicilios limítanse a conviventes

As novas medidas entrarán en vigor esta sexta feira e revisaranse antes da Semana Santa. 
Control da Garda Civil na Mariña, fechada por coronavirus. Foro de Carlos Castro (Europa Press)
SOCIAL

Un operativo de Policía e Garda Civil controlará o acceso a Galiza en Semana Santa con "tolerancia cero"

Igualmente, vanse realizar controis nos concellos, con colaboración da Policía Local.
Cribado de Covid-19 realizado en Poio. (Foto: Sanidade)
SOCIAL

Os pacientes Covid hospitalizados redúcense a 293 e os contaxios diarios repuntan a 148

Os casos activos baixan a 2.658.

MAPA CORONAVIRUS
SOCIAL

Así é a evolución do coronavirus no teu concello: podes ver aquí a situación a día de hoxe

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 17 de marzo no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

As residencias de maiores foron protagonistas nos peores momentos da pandemia. Na imaxe unha traballadora de DomusVi (Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

A patronal adía o convenio das residencias de maiores

O persoal das residencias de maiores da Galiza están sen convenio colectivo desde 2019. Por este motivo as empresas non lles actualizan os salarios e contan cunha maior carga de horas anuais que as que traballan no sector público. Os sindicatos denuncian esta situación e exixen que a patronal non dilate no tempo esta situación.
A desmotivación da poboación sería unha das características dun fenómeno do que vén alertando a Organización Mundial da Saúde. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Rosa Cerqueiro: "A capacidade de loitar co estrés viuse superada pola situación"

A cuarta vaga podería darse este mes debido á "fatiga pandémica"
Código QR de control na entrada dun local de hostalaría. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta establece o fechamento perimetral en 3 concellos e nivel alto para outros 7

As novas limitacións saíron da reunión que mantiveron a Consellaría de Sanidade e o comité clínico esta cuarta feira. Agárdase que mañá poidan transcender cambios a nivel da hostalaría, pois xa comezaran a analizarse a semana pasada, ao entender que a mellor evolución epidemiolóxica permitía tomar medidas independentes por concellos.
Punto de vacinación habilitado na Cidade da Cultura de Compostela a semana pasada (Foto: Arxina).
SOCIAL

A vacina de AstraZeneca segue a ofrecer "máis beneficios que riscos" e é "segura"

Expertas chaman á calma após a suspensión preventiva da administración destes viais.